John Legend, nado en Springfield, Ohio, o 28 de decembro de 1978, é un cantante de R&B, compositor e pianista, gañador de nove premios Grammy e cunha estrela no Songwriters Hall of Fame. En 2004 lanzou o seu álbum de estrea Get Lifted.

Biografía Na facultade participou nun grupo de jazz chamado Counterparts. Terminou a facultade en 1999 e comezou a compor as súas propias cancións e gravou dous álbums independentes que eran vendidos nos seus concertos: "John Stephens" (2000) e "Live at Jimmy Uptown" (2001). Fixo intervencións en álbums de cantantes como Alicia Keys e Jay-Z.

Tamén participou no álbum "How I Got Over (2010)" do grupo de rap americano, The Roots.The Roots e John Legend .

Discografía Get Lifted (2004) Once Again (2006) Evolver (2008) Wake Up! (2010) Love in the Future (2013)

Notas

Categoría:Cantantes de Ohio Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados no condado de Clark, Ohio