José Alborés Gándara, nado en Vimianzo cara a 1906 e finado no mesmo concello o 6 de abril de 1993,La Voz de Galicia, Carballo, 8-4-1993, p. 35. foi un político galego.
Traxectoria Afiliado a Izquierda Republicana, logo do triunfo da Fronte Popular, foi nomeado alcalde de Vimianzo o 20 de febreiro de 1936. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 xunto co secretario Andrés García Ferreiro tratou de evitar que os veciños se enfrontasen aos golpistas alzados en Zas. Reclamado polo xulgado de Corcubión en outubro de 1936.BOE, 6-6-1937, p. 1781. Logrou fuxir e estivo agochado durante 14 anos en Ponteceso, Traba de Laxe, Muxía, Vimianzo e Cee até que se entregou en 1950. Reabriuse o seu proceso e foi xulgado na Coruña por rebelión militar, e condenado a 15 anos de prisión, pero foi inmediatamente indultado. O seu irmán Manuel Alborés Gándara foi executado en Ordes.
Após o seu indulto foi o contratista responsábel das obras de construción dos campanarios do santuario da Virxe da Barca, proxectados por Peregrín Estellés e finalmente inaugurados en 1959.
Notas
Categoría:Alcaldes de Vimianzo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados en Vimianzo Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1993 Categoría:Políticos de Izquierda Republicana Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes