Enrique Paisal Rego, nado en Palmeira (Ribeira) en 1938, é un acordeonista e pianista galego. Foi membro fundador d'Os Tamara así como director do Conservatorio de Ribeira.
Traxectoria Aos oito anos comezou a estudar solfexo e acordeón co seu pai, Enrique Paisal Pérez. Aos dez anos trasladouse a Santiago de Compostela onde seguiu estudos de solfexo e piano no Conservatorio. Tamén asistiu a cursos de solfexo con Ana María Navarrete e de piano con Manuel Carra e Vázquez Sebastiá. Ademais da carreira superior de piano, fixo até 5º de violín.
Foi membro d'Os Tamara até 1975 en que abandonou o grupo para dar clases no conservatorio de Compostela, para facerse cargo despois da Escola de música do Porto do Son. Seguiu traballando activamente no mundo da música e sacou dous discos en Solitario.
Discografía La vida es una sola 2000 Enrique Paisal, amigas y amigos 2002
Categoría:Pianistas de Galicia Categoría:Acordeonistas de Galicia Categoría:Nados en Ribeira Categoría:Nados en 1938 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes