Joel Craig Ehlo, nado en Lubbock (Texas) o 11 de outubro de 1961, foi un xogador de baloncesto estadounidense que xogou durante 14 tempadas na NBA. Medindo 2,01 metros, xogaba na posición de escolta.
Traxectoria deportiva Universidade Xogou durante 2 tempadas cos Cougars da Universidade de Washington State, nos que promediou 8,5 puntos e 3,2 asistencias por encontro.
Profesional Foi elixido no posto 48, na terceira rolda do Draft da NBA de 1983 por Houston Rockets, onde permaneceu durante 3 tempadas sen ter demasiada confianza por parte do seu adestrador, xogando apenas 6 minutos por partido. Na tempada 1986-87 fichou por Cleveland Cavaliers, onde pouco a pouco foi facéndose coa titularidade, chegando a facer de media 13,3 puntos, 5,4 rebotes e 4,6 asistencias en 1990. Pero sen dúbida é coñecido por ser o xogador que defendía a Michael Jordan na lendaria xogada chamada The Shot (O Tiro), unha canastra ao final do partido que lle daba a vitoria aos Bulls na primeira rolda dos Playoffs de 1989, á que lle seguiu unha esaxerada celebración por parte de Jordan.
En 1994 foi traspasado a Atlanta Hawks, rematando a súa carreira na tempada 1996-97 no equipo dos Seattle Supersonics. Nos seus 14 anos como profesional promediou 8,6 puntos, 3,6 rebotes e 2,8 asistencias por partido.
Equipos Equipos Tempadas Houston Rockets 1983-1986 Mississippi Jets (CBA) 1986 Cleveland Cavaliers 1986-1993 Atlanta Hawks 1993-1996 Seattle Supersonics 1996-1997
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Estadísticas de Craig Ehlo Web dos fans de Craig Ehlo
Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados no condado de Lubbock, Texas Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Seattle SuperSonics