Javier Gracia Carlos, coñecido como Javi Gracia, nado en Pamplona o 1 de maio de 1970, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Actualmente adestra ao Al Sadd SC qatarí.

Traxectoria Como xogador Gracia iniciouse no fútbol profesional no Bilbao Athletic en 1989. Nos tres anos que estivo no filial non chegou a xogar no primeiro equipo. Na tempada 1992/93 ficha pola UE Lleida e consegue 13 goles en 38 partidos. Nese ano o Lleida proclamouse campión de Segunda División e ascendeu a Primeira logo de máis de 40 anos de ausencia.

Javi Gracia pasou as seguintes seis tempadas na máxima categoría, xogando regularmente tanto no Real Valladolid como na Real Sociedad. En 1999 volveu á Segunda División e firmou polo Villarreal, axudando ao equipo a volver a Primeira un ano despois, tendo regularidade na seguinte tempada en Primeira (1.765 minutos), na que o equipo conseguiu manter a categoría.

En xaneiro de 2003, logo de perder a titularidade no Villarreal, fichou polo Córdoba, equipo no que colgou as botas en xuño de 2004.

Como adestrador Despois de iniciar a súa carreira como adestrador no equipo xuvenil do Villarreal, Javi Gracia adestrou ao Pontevedra en Segunda B durante dúas tempadas nas que o equipo acabou en primeira e segunda posición, aínda que non conseguiu superar a promoción de ascenso a Segunda.

Na tempada 2008/09, fichou polo Cádiz en Segunda B, co que conseguiu xogar a promoción e ascender a Segunda. Non obstante, foi despedido na metade da seguinte tempada, na que o equipo gaditano descendeu novamente. Fichou entón polo Villarreal B, co que conseguiu a permanencia en Segunda.

Despois dunha tempada adestrando aos equipos gregos Olympiakos Volou e Kerkyra FC, na tempada 2012/13 ficha pola UD Almería, que acabaría en terceira posición e gañaría o play-off ascendendo a Primeira División. O 4 de setembro de 2013 chega ao Osasuna e despois dunha campaña irregular o equipo descende a Segunda División.

O 30 de maio de 2014 anúnciase que será o novo adestrador do Málaga CF.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Javi Gracia en BDFutbol Ficha de Javi Gracia en as.com Ficha de Javi Gracia en transfermarkt.co.uk

Categoría:Futbolistas de Navarra Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Bilbao Athletic Categoría:Xogadores da UE Lleida Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores da Real Sociedad Categoría:Xogadores do Villarreal CF Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Adestradores do Pontevedra CF Categoría:Adestradores do Cádiz CF Categoría:Adestradores do Villarreal CF B Categoría:Adestradores da UD Almería Categoría:Adestradores do CA Osasuna Categoría:Adestradores do Málaga CF Categoría:Adestradores do PAE Kerkyra Categoría:Adestradores do Watford FC Categoría:Adestradores do Valencia CF Categoría:Adestradores do Al Sadd SC