La Ráfaga foi un semanario publicado en Vigo entre 1914 e 1935, de catro páxinas coa última de publicidade como era costume na época.
Historia e características miniatura|Ao mestre Elías Pérez Martínez, por iniciativa de La Ráfaga. Subtitulado Semanario satírico, apareceu o 4 de abril de 1914.La Idea Moderna, 8-4-1914, p. 1. Estivo dirixida por Francisco Vidales Canle (que renunciou en decembro de 1914),Noticiero de Vigo, 15-12-1914, p. 3. Aquilino Parada, Miguel Campos Peña, Ramón Campos Peña e Ceferino Maestú Novoa. Foron os seus redactores Ricardo Trillo Couce e Humberto Cuíñas. Entre os seus colaboradores figuraron José Signo e "Andrés de Brizeux"; tiña unha sección crítica titulada "Aturuxos" escrita por Rogelio Rivero. Interrompeu a súa publicación en 1915, para volver reaparecer en setembro dese ano.La Voz de la Verdad, 16-9-1915, p. 2. Volveu pechar na ditadura de Primo de Rivera e o seu director foi á cadea en 1925 por defender a liberdade de expresión. En 1918 organizou unha homenaxe ao mestre Elías Pérez Martínez. Cesou a súa publicación en 1935.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Altabella e Leal Insua (1965). Faro de Vigo y su proyección histórica. Madrid. Editorial Nacional.
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra Ligazóns externas Ceferino de Blas (14/4/2004). «El periodismo de ´La Ráfaga´» Faro de Vigo .
Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos Categoría:1914 en Galicia