Alfredo Moreno Osorio, nado na Coruña en 1871 e finado en Madrid en novembro de 1933,La Voz de Galicia, 25-11-1933, p. 2 foi un enxeñeiro de camiños galego.
Traxectoria Fillo de Alfredo Moreno Moscoso de Altamira, III conde de Fontao, e de María de los Dolores Osorio Chacón. Foi irmán do tamén enxeñeiro José Moreno Osorio.
Acadou sona ao traballar canda a Antonio González Echarte e Carlos Mendoza Saéz de Argandoña. En 1904, creou en Madrid o gabinete de enxeñaría Mengemor (acróstico formado coas primeiras sílabas dos apelidos dos fundadores: Mendoza, González-Echarte e Moreno).
Os seus primeiros traballos con este gabinete foron a construción de saltos, encoros e diversas construcións relacionadas coa industria hidroeléctrica«Ingenieros-empresarios en el desarrollo del sector eléctrico español: Mengemor, 1904-1951», Revista de Historia Industrial, nº 3. Abril de 1993, pp:93-1261954 - «Jurisprudencia civil», Volumen 35, Tribunal Supremo, España. Ministerio de Justica, algunhas delas en colaboración co seu consogro, Rafael Benjumea Burín, e co seu curmán político, Joaquín de Arteaga.
En 1924 o rei Afonso XIII concedeulle o condado de Santa Marta de Babío.
Familia Casou con Carmen Torres Calderón e tivo seis fillos: José Moreno Torres, alcalde de Madrid e II conde de Santa Marta de Babío, casado con Isabel Benjumea Heredia; Jacobo Moreno Torres, casado con Ángela Mercader; Milagros Moreno Torres, casada con Joaquín Crespí de Valldaura Cavero; Carmen Moreno Torres, casada con Juan Goyeneche San Gil; pais do xinete olímpico Alfredo Goyeneche Moreno; Alfredo Moreno Torres, casado con Gabriela Poveda Echagüe; Pedro Moreno Torres, casado con Dolores de la Cuesta.
Notas
Categoría:Enxeñeiros de Galicia Categoría:Nobres de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1871 Categoría:Finados en 1933 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos