José Sanjurjo Rodríguez, nado na Coruña en 1866 e finado en Sada o 26 de febreiro de 1946,La Voz de Galicia, 1-3-1946, p. 4. foi un sindicalista e político anarquista galego. Traxectoria Fundou con Marcial Lores e Benito Cadavid o grupo anarquista Ni Dios ni Amo, e fíxose cargo da segunda época de El Corsario. Defendeu a actividade societaria dos anarquistas no Certame Socialista Libertario de La Plata (1898). Foi promotor dos colectivos La Antorcha Galaica del Libre Pensamiento (1897) do que foi o primeiro presidente e Centro de Estudios Sociales Germinal (1902). Participou no obreirismo coruñés como alicerce da Sociedad de Sastres y Sastras La Fraternidad (1901) e en 1906 foi un dos representantes obreiros que asinou coa patronal o primeiro convenio colectivo da Coruña. Participou en case todos os actos públicos anticlericais da Coruña e foi colaborador do suplemento da Revista Blanca (1901), Germinal e Coruña Moderna. Publicou os folletos Aclaraciones (1904), Abnegación (1925), El hereje (1925) e El nudo gordiano (1931). Tamén confeccionou un Método de lectura graduada para a Escola Laica de La Atocha en 1905. Durante a Guerra civil foi internado no campo de concentración da illa de San Simón. Finou en Castelo (Sada) aos 79 anos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Entrada "Sanjurjo, Xosé" do Dicionario biográfico de Galicia, T. 3, p. 230. Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.

Categoría:Anarquistas de Galicia Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1866 Categoría:Finados en 1946 Categoría:Anticlericais