José Bartolomé Vidal, nado en Betanzos en 1864 finado na mesma vila en agosto de 1916La Correspondencia Gallega, 11-8-1916, p. 4., foi un xornalista galego.

Traxectoria Practicante. Colaborou en El Censor asinando como Melotobar, despois foi director de El Pueblo até o número 39. En 1901 tivo que marchar a Castela e acusou ao caciquismo local da súa marcha. En 1907 foi nomeado xuíz municipal de Nava del Barco (Ávila) onde exercía de auxiliar de médico. Desde alí enviou colaboracións a Betanzos Liberal, La Aspiración e Nueva Era e tamén colaborou en Diario Ferrolano. Cara 1912 regresou a Betanzos e en 1914 foi nomeado vixilante interino da prisión de Betanzos.

Casou con Nieves Fernández Losada.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Xornalistas de Betanzos Categoría:Nados en Betanzos Categoría:Nados en 1864 Categoría:Finados en 1916 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos