O Foro do Traballo (1938) foi unha das oito Leis Fundamentais do franquismo, sendo elaborada antes do fin da guerra civil a imitación da Carta dei Lavoro promulgada en Italia por Edmondo Rossoni e o Gran Consello Fascista italiano en abril de 1927. Aínda que é certo que no momento da súa promulgación os nacionais levaban unha clara vantaxe na contenda; de feito foi en 1938 cando Franco creou o Goberno da Nación.
Este texto é de ideoloxía falanxista, familia franquista que tivo certa influencia na cuestión laboral e os medios durante a guerra e a ditadura, e entre os seus principais puntos cóntanse a regulación da xornada laboral e do descanso, e a creación da Maxistratura do Traballo e os sindicatos verticais, que son aqueles que agrupaban por igual a patróns e obreiros (o que na práctica imposibilitaba os acordos), ambos subordinados ás decisións do Estado. Foi parcialmente modificado en 1958 coa Lei de Convenios Colectivos, e seguiu regulando as relacións laborais en España ata a creación do Estatuto dos Traballadores, xa na democracia.
Dereitos e deberes que establece Os dereitos e deberes que o Foro establece son os seguintes:
Dereito e deber do traballo Considera o traballo como a participación do home na produción mediante o exercicio voluntariamente prestado das súas facultades, tanto intelectuais como manuais, segundo a persoal vocación, en orde ao decoro e ao mellor desenvolvemento da economía nacional.Foro do Traballo Título I, Artigo 1.
Sendo o traballo un deber de todos os españois non impedidos, resulta tamén un dereito, título suficiente para esixir a asistencia e tutela do Estado:Foro do Traballo, Título I, artigos 5 e 8.
Dereito ao descanso O Estado garante o descanso dominical, vacacións anuais retribuídas, asegurando a creación das institucións necesarias para asegurar o descanso dos traballadores e o seu acceso ao goce dos bens da cultura, a saúde, o deporte etc.Foro do Traballo Título II, artigos 2, 3, 5 e 6.
Dereito a unha retribución xusta do traballo Créase en España o concepto de salario mínimo: o suficiente para proporcionar ao traballador e a súa familia unha vida moral e digna, establecendo ademais o subsidio familiar. O Estado fixa as bases mínimas para a ordenación do traballo, con subxección ás cales estableceranse as relacións entre traballador e empresa.
Dereito ao subsidio familiar A remuneración do traballador estará en razón directa da súa familia, e a estes efectos establécese un subsidio familiar.
Dereito á seguridade e continuidade no traballo Protección no aspecto físico, é dicir, previsión e seguridade ante posibles accidentes, considerando as condicións de salubridade e hixiene no traballo. Protección contra despedimentos arbitrarios e tamén contra o paro forzoso ou desemprego.Foro do Traballo, Título III artigo 6º
Dereito á seguridade no infortunio e aos seguros sociais Mediante a previsión social proporcionará ao traballador a seguridade do seu amparo ante o infortunio.
Concretamente mediante seguros sociais de vellez, invalidez, maternidade, accidentes de traballo, enfermidades profesionais, tuberculoses e paro forzoso, tendéndose á implantación dun seguro total. Aos traballadores anciáns dotarase dun retiro suficiente.Foro do Traballo, Título X artigos 1º e 2º.
Dereito ao acceso á propiedade O Estado recoñece e ampara a propiedade privada como medio natural para o cumprimento das funcións familiares, individuais e sociais, e asume a tarefa de multiplicar e facer accesible a todos os españois as formas de propiedade ligadas de xeito vital á persoa humana: o fogar familiar, a herdade da terra e os instrumentos ou bens de traballo para uso cotián.Foro do Traballo, Título XII artigos 1º e 2º.
Deber da lealdade e solidariedade no traballo e na produción O traballo ten, ademais do seu carácter individual ou familiar, unha función social. Intimamente relacionado coa prosperidade constitúe un deber de solidariedade baseado nas obrigacións recíprocas que do traballo nacen.Foro do Traballo, Título XI artigos 2º e 3º.
Significación política do Foro Este Foro nace da concepción do novo Estado español como un Estado social, definindo os dereitos sociais do español á vez que os principios reitores do Estado en materia laboral. Desde o punto de vista do dereito constitucional constitúe a parte dogmática, na que se formula unha declaración de principios reitores, o recoñecemento de dereitos e deberes e, en xeral, todo o que ten un carácter enunciativo e director:
O Foro do Traballo consagra os seguintes principios reitores: A xustiza social como principio reitor do Estado. Carácter persoal do traballo. Protección do Estado ao traballo. O carácter persoal da propiedade e a propiedade familiar. Sentido social da empresa. Subordinación da economía ao interese nacional. Recoñecemento á iniciativa privada e carácter subsidiario do Estado en materia de produción. A organización sindical dos factores da economía.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Carta de Traballo de 1927 Bibliografía Torcuato Fernández Miranda, El hombre y la sociedad, Editorial Doncel, Madrid, 1966 Ligazóns externas Texto completo do Foro do Traballo Texto íntegro do "Foro do Traballo", La Vanguardia, 10 de marzo de 1939
Categoría:Leis Fundamentais do Reino Categoría:Dereito laboral