Voces inocentes é un filme mexicano dirixido por Luis Mandoki que se estreou no 2004. O argumento está ambientado na Guerra Civil Salvadoreña, e baséase na historia real do escritor Óscar Torres. O filme é unha denuncia do uso de nenos nos conflitos militares.

Sinopse O filme conta a historia de Chava, un neno que vive en circunstancias difíciles por mor dunha guerra no seu país, O Salvador. Chava vive coa preocupación de ser recrutado, xa que os nenos maiores de 12 anos son levados para preparalos para a guerra. O seu pai deixou a súa familia para ir ós Estados Unidos, polo que Chava quedou como o home responsable da casa. A nai de Chava traballaba para manter á familia, ata que un día tivo que traballar ata tarde, Chava seguiu agardando a que volvese a súa nai.

Personaxes Carlos Padilla como Chava Leonor Varela como Kella Xuna Primus como Cristina María Gustavo Muñoz como Ancha José María Yazpik como Tio Beto materno Ofelia Medina como Mama Toya Daniel Giménez Cacho como Cura Adrián Alonso como Chele Jesús Ochoa como Chofer Jorge Angel Toriello como Fito Andrés Márquez como Marcos Alejandro Felipe Flores como Ricardito Ana Paulina Torres como Rosita Paulina Gaitan como Angelita Héctor Jimenez como Ratón

Galardóns e nomeamentos 2004: 3 Premios Ariel incluíndo Mellor maquillaxe e actriz secundaria (Medina).

Véxase tamén Outros artigos Filmes de México propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 77ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de México Categoría:Filmes dirixidos por Luis Mandoki Categoría:Filmes de A Band Part