¡Ya Somos Tres! foi un semanario editado en Betanzos en 1889.
Historia e características Subtitulado Semanario joco-serio apareceu o 2 de maio de 1889.El Regional, 2-5-1889, p. 2. Publicábase os xoves. Dirixido por Manuel J. Lema. Patricio Gamarra e Mala Racha eran os pseudónimos dos seus redactores, e entre os colaboradores figuraron Adolfo Vázquez Gómez, Moisés González Besada, J. Luis de León, Lisardo Barreiro, Manuel Castro López. En outubro de 1889 publicou un número extraordinario dedicado a Eduardo Vincenti.El Regional, 19-10-1889, p. 2.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas ¡Ya Somos Tres! na Hemeroteca de Betanzos
Categoría:Prensa escrita de Betanzos Categoría:1889 en Galicia