María Moliner, nada en Paniza (provincia de Zaragoza) o 30 de marzo de 1900 e finada en Madrid o 22 de xaneiro de 1981, foi unha bibliotecónoma e lexicógrafa española.

Traxectoria Filla dun médico rural. Licenciouse en Historia en 1921 (Facultade de Filosofía e Letras, Universidade de Zaragoza). Traballou como funcionaria do Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos entre 1922 e 1970. Casou co catedrático de Física Fernando Ramón e Ferrando en 1925, tivo 4 fillos. A súa candidatura á Real Academia Española en 1972 foi rexeitada por académicos como Camilo José Cela.

Activa promotora da difusión cultural a través das bibliotecas durante a República, a través das Bibliotecas Populares.

Autora do prestixioso Diccionario de uso del español, unha das principais obras da lexicografía en lingua española, no que traballou dende 1952. A primeira edición desta obra foi publicada en 1966-67 pola editorial Gredos. Aínda que a autora continuou traballando na obra para preparar unha nova edición, a segunda edición non saíu ao mercado ata 1998 (logo da morte de María Moliner) en dous volumes e CD-ROM, así como unha edición abreviada nun tomo.

Comunica respecto diso o seu fillo Fernando Ramón Moliner: a "segunda edición, con tódalas súas alteracións e modificacións, é unha edición apócrifa: a miña nai caeu doente (de alzhéimer), non se decatou de nada e non lle puido dar ningún consentimento consciente".

No ano 2000 celebrouse o centenario do seu nacemento. miniatura|Diccionario de uso del español. Edición de 1990. Recoñecementos En 2022 o Ministerio de Ciencia e Innovación publicou as bases da primeira convocatoria dos Premios Nacionales de Investigación para Jóvenes, entre eles o Premio Nacional María Moliner na área de humanidades.

Recentemente, o escritor Andrés Neuman publicou unha novela sobre a vida desta ilustre lexicógrafa co título Hasta que empieza a brillar.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía María Moliner (1992) Diccionario de uso del español. Madrid: Editorial Gredos. Obra completa: ISBN 84-249-1344-2; ISBN 978-84-249-1344-1 (Depósito legal: M 32196-1992) 1º tomo: ISBN 84-249-1346-9 2º tomo: ISBN 84-249-1348-5

Outros artigos lexicoloxía onomasioloxía

Ligazóns externas Páxina dos herdeiros de María Moliner

Categoría:Lingüistas de España Categoría:Nados en 1900 Categoría:Nados en Paniza Categoría:Finados en 1981 Categoría:Alumnos da Universidade de Zaragoza Categoría:Pensionados da JAE Categoría:Misiones Pedagógicas