miniatura|255px|Volkswagen de Carlos Sainz no Dakar 2007. O Rally Dakar (anteriormente Rally París-Dakar) é unha competición anual de rally raid disputada dende 1978. Celébrase habitualmente durante as dúas primeiras semanas de xaneiro e está considerado o rally máis duro do mundo. Nas primeiras edicións partía de París e remataba na cidade de Dakar (Senegal), pero dende 1995 foi cambiando o seu lugar de inicio por outras cidades europeas, fundamentalmente por motivos publicitarios e/ou políticos, xa que a verdadeira competición non comezaba ata que se entraba no continente africano, e máis tarde variou tamén o punto de chegada. En 2008 non se disputou por falta de seguridade,Vieiros, "Suspenden o rali Lisboa-Dakar pola “ameaza de Al Qaida”", Vieiros, 4 de xaneiro de 2008. pasando a disputarse entre 2009 e 2019 na América do Sur (a Arxentina, Chile e o Perú), cun percorrido de máis de 9.000 quilómetros, incluíndo o deserto de Atacama."La organización quiere convertir el Dakar en algo muy extremo" , La Voz de Galicia, 31 de decembro de 2009. Dende 2020 dispútase en Arabia Saudita.

A pesar do nome, o Dakar é máis unha carreira de resistencia ca un rally convencional. Os vehículos participantes son completamente todo terreo e o terreo varía considerablemente, atravesando zonas de area, rochas, barro ou vexetación. miniatura|dereita|255px|Un quad no Dakar 2009. miniatura|dereita|255px|Stéphane Peterhansel campión en doce ocasións. A inscrición na proba é aberta, o cal a converte na carreira idónea para amantes da aventura. A participación de competidores afeccionados chega con frecuencia ao 80% dos inscritos.

Historia e trazado miniatura|dereita|255px|Thierry Sabine, fundador do Dakar. A proba foi fundada en 1979, despois de que o piloto Thierry Sabine se perdese no deserto e considerase a súa experiencia digna de ser reproducida nun rally. O que empezou como unha aventura en estado puro, sen apenas organización, evolucionou ata converterse nun gran despregue tecnolóxico, con máis de mil persoas implicadas entre organización, participantes e asistencia.

O trazado da carreira cambiou ao longo dos anos, tanto o inicio como o final, por mor de diversos motivos. Ata 1994, a carreira foi fiel á rota orixinal, sendo París o inicio e Dakar o final. Precisamente en 1994, a carreira variou e, unha vez en Dakar, regresaba de novo a París. Debido a problemas co alcalde de París, o final tivo que ser cambiado, dos Campos Elisios a Eurodisney. A partir de entón, o lugar de inicio da carreira foi cambiando entre distintas cidades europeas, como Granada, Marsella, Barcelona ou Lisboa e ultimamente a Buenos AiresVieiros, "O Dakar 2010 volverá a Arxentina e Chile", Vieiros, 3 de marzo de 2009. ou Lima.

A ruta no continente africano tamén se viu modificada en multitude de ocasións por problemas políticos, ás veces derivados de accións de guerrilla ou guerras civís.

miniatura|esquerda|300px|2009, primeiro ano no que se disputou na Arxentina e Chile. Lista dos trazados miniatura|dereita|255px|Mapa do trazado do 2012. 1979–1988: París – Alxer – Dakar. 1989: París – Tunes – Dakar. 1990–1991: París – Trípoli – Dakar. 1992: París – Cidade do Cabo. 1993: París – Dakar. 1994: París – Dakar – París. 1995–1996: Granada – Dakar. 1997: Dakar – Agadez – Dakar. 1998: París – Granada – Dakar. 1999: Granada – Dakar. 2000: Dakar – O Cairo. 2001: París – Dakar. 2002: Arras – Madrid – Dakar. 2003: Marsella – Sharm el Sheikh. 2004: Clermont-Ferrand – Dakar. 2005: Barcelona – Dakar. 2006-2007: Lisboa – Dakar. 2008: Non se disputou. 2009: Buenos Aires – Valparaíso – Buenos Aires. 2010: Buenos Aires - Antofagasta - Buenos Aires. 2011: Buenos Aires - Arica - Buenos Aires. 2012: Mar del Plata - Copiapó - Lima. 2013: Lima - Santiago de Chile. 2014: Rosario - Salta - Valparaíso 2015: Buenos Aires - Iquique - Buenos Aires

Vehículos e clases

Existen tres categorías principais na competición: motocicletas, coches e camións. Á súa vez cada categoría divídese en subcategorías, segundo sexa o equipo profesional ou privado, e segundo o tipo de vehículo (de serie ou modificado).

Motocicletas Trátase da categoría máis perigosa das tres, por ser a moto un vehículo que deixa desprotexido ao condutor. Tamén é a categoría máis popular, por ser a máis accesible respecto ao custo para competidores privados. Divídese nas seguintes subcategorías:

Máis de 450 cm³. Maratón: motocicletas de serie. Quads.

Coches miniatura|dereita|255px|Mitsubishi de Peterhansel no Lisboa-Dakar 2007. Algunhas grandes marcas compiten nesta categoría con fins publicitarios (equipos oficiais) e para probar novas tecnoloxías que despois se aplican aos coches de rúa.

Divídese nas seguintes subcategorías: T1: vehículos de serie. T2: vehículos de serie modificados. T3: prototipos. Esta categoría eliminouse en 2002.

Camións Considérase a categoría máis espectacular. Non tódolos camións compiten, xa que a maioría só realizan funcións de asistencia. Algúns equipos mesturan as funcións de asistencia coa competición, e uns poucos equipos céntranse exclusivamente na competición. Esta categoría existe como tal dende 1999; nas edicións anteriores, os camións estaban englobados na categoría de coches.

Durante os anos oitenta, competían tamén prototipos de camións, pero prohibiuse a súa participación debido aos graves accidentes que se producían, ao atinxir estes grandes velocidades.

Gañadores do Dakar Ed.AnoC o c h e sM o t o sC a m i ó n sRutaPilotoCopilotoVehículoPilotoVehículoPilotoVehículo41ª2020 Carlos Sainz Lucas CruzRacing MINI Ricky BrabecCRF 450 Rally Andrey KarginovKamazLima - Lima40ª2019 Nasser Al-Attiyah Matthieu BaumelToyota Hilux Toby PriceKTM 450 Rally Eduard NikolaevKamazJeddah - Al-Qiddiya39ª2018 Carlos Sainz Lucas Cruz Matthias WalknerKTM 450 Rally Replica Eduard Nikolaev Evgeny Yakovlev Vladimir RybakovKamaz 4326Lima–A Paz–Córdoba38ª2017 Stéphane Peterhansel Jean-Paul Cottret Sam SunderlandKTM 450 Rally Eduard Nikolaev Evgeny Yakovlev Vladimir RybakovKamaz 4326Asunción–A Paz–Buenos Aires37ª2016 Stéphane Peterhansel Jean-Paul Cottret Toby PriceKTM 450 Rally Gerard de Rooy Moises Torrallardona Darek RodewaldIveco PowerStarBuenos Aires–Salta-Rosario36ª2015 Nasser Al-Attiyah Matthieu BaumelMINI Marc ComaKTM 450 Rally Ayrat MardeevKamazBuenos Aires - Iquique - Buenos Aires35ª2014 Nani Roma Michel PerinMINI Marc ComaKTM 450 Rally Andrey KarginovKamazRosario - Salta - Valparaíso34ª2013 Stéphane Peterhansel Jean-Paul CottretMINI Cyril DespresKTM 450 Rally Eduard NikolaevKamazLima - Santiago de Chile33ª2012 Stéphane Peterhansel Jean-Paul CottretMINI Cyril DespresKTM 450 Rally Gerard de RooyIvecoMar del Plata - Copiapó- Lima32ª2011 Nasser Al-Attiyah Timo GottschalkVolkswagen Race Touareg Marc ComaKTM 450 Rally Vladimir ChaginKamazBuenos Aires - Arica- Buenos Aires31ª2010 Carlos Sainz"Carlos Sainz conquista el Dakar" , Xornal de Galicia, 16 de xaneiro de 2010 . Lucas CruzVolkswagen Race Touareg Cyril DespresKTM 690 Rally Vladimir ChaginKamazBuenos Aires - Antofagasta - Buenos Aires30ª2009 Giniel de VilliersLa Voz de Galicia, Coma confirma su triunfo en motos en el Dakar y el sudafricano De Villiers gana el de coches, 18/01/2009. Dirk Von ZitzewitzVolkswagen Race Touareg Marc ComaKTM 690 Rally Firdaus KabirovKamazBuenos Aires - Valparaíso - Buenos Aires29ª2007 Stéphane Peterhansel"El Lago Rosa encumbra a Despres y Peterhansel" , La Voz de Galicia, 21 de xaneiro de 2007. Jean-Paul CottretMitsubishi Pajero Cyril DespresKTM 690 Rally Hans StaceyMAN SELisboa - Dakar28ª2006 Luc Alphand Gilles PicardMitsubishi Pajero Marc ComaKTM LC4 660R Vladimir ChaginKamazLisboa - Dakar27ª2005 Stéphane Peterhansel Jean-Paul CottretMitsubishi Pajero Cyril DespresKTM LC4 660R Firdaus KabirovKamazBarcelona - Dakar26ª2004 Stéphane Peterhansel Jean-Paul CottretMitsubishi Pajero Nani Roma"Roma entra en la leyenda del deporte español al lograr el triunfo en el Dakar", Xornal de Galicia, 18 de xaneiro de 2004.KTM LC4 660R Vladimir ChaginKamazClermont-Ferrand - Dakar25ª2003 Hiroshi Masuoka Andrea SchulzMitsubishi Pajero Richard SainctKTM LC4 660R Vladimir ChaginKamazMarsella - Sharm el Sheikh24ª2002 Hiroshi Masuoka Pascal MaimonMitsubishi Pajero Fabrizio MeoniKTM LC8 950R Vladimir ChaginKamazArras - Madrid - Dakar23ª2001 Jutta Kleinschmidt"Unha muller gaña o rali París-Dakar", Vieiros, 22 de xaneiro de 2001. Andrea SchulzMitsubishi Pajero Fabrizio MeoniKTM LC4 660R Karel LopraisTatraParís - Dakar22ª2000 Jean-Louis Schlesser Henri MagneSchlesser-Renault Buggy Richard SainctBMW F650RR Vladimir ChaginKamazParís - Dakar - O Cairo21ª1999 Jean-Louis Schlesser Philippe MonnetSchlesser-Renault Buggy Richard SainctBMW F650RR Karel LopraisTatraGranada - Dakar20ª1998 Jean-Pierre Fontenay Gilles PicardMitsubishi Pajero Stéphane PeterhanselYamaha YZE850T Karel LopraisTatraParís - Granada - Dakar19ª1997 Kenjiro Shinozuka Henri MagneMitsubishi Pajero Stéphane PeterhanselYamaha YZE850T Peter ReifHinoDakar - Agadez - Dakar18ª1996 Pierre Lartigue Michel PerinCitroën ZX Edi OrioliYamaha YZE850T Viktor MoskovskikhKamazGranada - Dakar17ª1995 Pierre Lartigue Michel PerinCitroën ZX Stéphane PeterhanselYamaha YZE850T Karel LopraisTatraGranada - Dakar16ª1994 Pierre Lartigue Michel PerinCitroën ZX Edi OrioliCagiva Elefant 900 Karel LopraisTatraParís - Dakar - París15ª1993 Bruno Saby Dominique SeriyesMitsubishi Pajero Stéphane PeterhanselYamaha YZE850T Francesco PerliniPerliniParís - Dakar14ª1992 Hubert Auriol Philippe MonnetMitsubishi Pajero Stéphane PeterhanselYamaha YZE850T Francesco PerliniPerliniParís - Sirte - Cidade do Cabo13ª1991 Ari Vatanen Bruno BerglundCitroën ZX Stéphane PeterhanselYamaha YZE750T Jacques HoussatPerliniParís - Trípoli - Dakar12ª1990 Ari Vatanen Bruno BerglundPeugeot 405 T16 Edi OrioliCagiva Elefant 900 VillaPerliniParís - Trípoli - Dakar11ª1989 Ari Vatanen Bruno BerglundPeugeot 405 T16 Gilles LalayHonda NXR800VParís - Tunes - Dakar10ª1988 Juha Kankkunen Juha PiironenPeugeot 205 T16 Edi OrioliHonda NXR800V Karel LopraisTatraParís - Alxer - Dakar9ª1987 Ari Vatanen Bernard GirouxPeugeot 205 T16 Cyril NeveuHonda NXR750V Jan de RooyDAFParís - Alxer - Dakar8ª1986 René Metge Dominique LemoynePorsche 959 Cyril NeveuHonda NXR750V Giacomo VismaraMercedes-BenzParís - Alxer - Dakar7ª1985 Patrick Zaniroli Jean Da SilvaMitsubishi Pajero Gaston RahierBMW GS980R Karl-Friedrich CapitoMercedes-BenzParís - Alxer - Dakar6ª1984 René Metge Dominique LemoynePorsche 911 Gaston RahierBMW GS980R Pierre LalleuMercedes-BenzParís - Alxer - Dakar5ª1983 Jacky Ickx Claude BrasseurMercedes 280 G Hubert AuriolBMW GS980R Georges GroineMercedes-BenzParís - Alxer - Dakar4ª1982 Claude Marreau Bernard MarreauRenault 20 Cyril NeveuHonda XR550 Georges GroineMercedes-BenzParís - Alxer - Dakar3ª1981 René Metge Bernard GirouxRange Rover Hubert AuriolBMW GS800R Adrien VilletteALM/ACMATParís - Alxer - Dakar2ª1980 Freddy Kottulinsky Gerd LöffelmannVolkswagen Iltis Cyril NeveuYamaha XT500 AtaouatSonacomeParís - Alxer - Dakar1ª1979 Alain Génestier Joseph TerbiautRange Rover Cyril NeveuYamaha XT500París - Alxer - Dakar miniatura|dereita|255px|Porsche 959 de René Metge, gañador en 1986. miniatura|dereita|255px|KTM de Cyril Despres, gañadora do 2005.

Meirande número de vitorias Os que obtiveron meirande número de vitorias. Resaltados os que gañaron en máis dunha categoría.

Actualizado a 1 de xaneiro de 2014. C o c h e sM o t o sC a m i ó n spilotonº v.pilotonº v.pilotonº v. Stéphane Peterhansel7 Stéphane Peterhansel6 Vladimir Chagin7 Ari Vatanen4 Cyril Despres5 Karel Loprais:6 René Metge3 Cyril Neveu5 Eduard Nikolaev4 Pierre Lartigue3 Marc Coma5 Firdaus Kabirov2 Carlos Sainz3 Edi Orioli4 Francesco Perlini2 Nasser Al-Attiyah3 Richard Sainct 3 Georges Groine2 Jean-Louis Schlesser2 Citroën Gerard de Rooy2construtornº v.construtornº v.construtornº v. Mitsubishi12 KTM18 Kamaz17 Peugeot7 Yamaha9 Tatra6 Volkswagen4 BMW6 Mercedes-Benz5 Citroën4 Honda5 Perlini4

Galegos no Dakar