dereita|miniatura|Igrexa de Santo Estevo. Santo Estevo de Buño é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Malpica de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 503 habitantes (260 mulleres e 243 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 712 habitantes.
Economía A parroquia é internacionalmente coñecida pola súa cerámica. No Centro Artesanía e Tradición (CAT) recóllense exposicións variadas sobre artesanias da comarca e a sala Non Canto por Cantar. Neste centro atópase localizado o Museo Alfar, con exposicións sobre a olaría e os oleiros de Buño.
Cultura Festas O sábado seguinte ó mércores de cinza celébrase a festa da Mikaela para conmemorar o final do Entroido. A Mikaela é unha boneca de gran tamaño e atributos femininos deliberadamente esaxerados, feita á man pola veciñanza. Despois de xantar é transportada por unha comitiva, na que hoxe en día, participan homes e mulleres de toda Galiza, que vai desde o Campo de Cantalarrana até o Campo da Culpa, percorrendo así todo o lugar. Chegados ó destino, a Mikaela é queimada, poñendo así fin ó entroido. A festa continúa até ben entrada a madrugada.
Na actualidade a Mikaela é transportada sobre un tractor. Ademais, no canto de parar nas casas, van parando nos bares.Círculo Internacional de Amigos de los Gigantes Vídeo en YouTube.
Buño na literatura popular Anque che somos de Buño/ e nin todos somos oleiros,/ tamén as xentes de Noia/ nin todos son zapateiros Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 95, 15.11.1931, 215.. Inda que somos de Buño/ non somos todos oleiros;/ tamén na terra de Noia/ non son todos zapateiros Gran Enciclopedia Galega: s.v. artesanía''..
Lugares e parroquias Lugares de Buño
Parroquias de Malpica de Bergantiños
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Malpica de Bergantiños
Categoría:Parroquias de Malpica de Bergantiños Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Estevo