John Leslie Coogan Jr., nado nos Ánxeles (California) o 26 de outubro de 1914, e finado en Santa Monica, no mesmo estado, o 1 de marzo de 1984, foi un actor estadounidense.

Traxectoria Comezou a súa carreira xa de neno no cinema mudo. Tras algún papel curto no cinema descubriuo Charles Chaplin actuando en Vodevil, ao sorprenderlle os seus movementos corporais e a súa mímica. Así, en 1921, faría o papel máis importante da súa carreira, O cativo, ao ano seguinte tamén realizou un papel polo que foi lembrado, en Oliver Twist de Frank Lloyd. Porén a súa época de neno prodixio sería o momento de maior popularidade xa que a pesar de seguir facendo papeis no cinema a súa popularidade non deixou de descender, ao final da súa carreira o papel máis importante foi o de Uncle Fester (Tío Fétido) na serie de televisión A familia Adams.

Véxase tamén

Categoría:Actores de California Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores infantís dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Cinema mudo Categoría:Nados en 1914 Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Finados en 1984