Jesús Bal y Gay, nado en Lugo o 23 de xuño de 1905 e finado en Torrelaguna (Madrid) o 11 de marzo de 1993, foi un músico, musicólogo e intelectual galego, unha das figuras significativas da chamada Xeración do 27.
Traxectoria miniatura|300px|Cadro de persoal de Ronsel, onde aparece como redactor Jesús Bal y Gay naceu o 23 de xuño de 1905 en Lugo, onde viviu a súa infancia e mocidade. En 1914 comezou os seus estudos de piano con Mercedes Cornide e María Mota. En 1922 mudouse a Madrid para realizar seus estudos de enxeñaría. Entre 1925 e 1933 viviu na Residencia de Estudiantes, onde tomou contacto coa Institución Libre de Enseñanza. O ambiente de traballo gustoulle, pois permitiulle o seu desenvolvemento persoal. En 1926 comezou a relacionarse co mestre Manuel de Falla. En 1935 viaxou a Cambridge como bolseiro, onde residiu 3 anos. Ligou esta saída de España co exilio en México, malia que o comezo da guerra civil española colleuno, coa súa esposa, en Lugo. Convidado polo presidente Lázaro Cárdenas, viviu en México 27 anos. En 1965 volveu a España, onde morreu en 1993 na localidade de Torrelaguna (Madrid). Foi membro correspondente da Real Academia Galega.
Recoñecementos Unha residencia universitaria do campus de Lugo (adscrito á Universidade de Santiago de Compostela) leva o seu nome.
Obra Hacia el ballet gallego (Lugo, 1924) Folklore musical (de Melide) (Santiago, 1933)
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha bio-bibliográfica en Galegos
Categoría:Compositores de Galicia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1993 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Musicólogos de Galicia Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega