A óblast de Astrakán ou Astracán () é unha óblast de Rusia que ten unha superficie de 44.100 km² e unha poboación de 1.005.276 habitantes (censo de 2002). A súa capital é a cidade de Astrakán.
En 1717 o Imperio ruso creou a gubérnii (gobernatura) de Astrakán, que chegaba até os límites do suroeste do Imperio, coñecidos como o Krai (territorio) de Astrakán.
O ano 1917, antes da Revolución rusa, limitaba coas gobernaturas de Saratov, Samara e Stavropol, a óblast de Terek, os cosacos do Don e os Urais e o mar Caspio.
A partir de 1919, finalizada a Revolución, cambiáronse os límites da óblast en numerosas ocasións, adquirindo en 1957 a súa forma e configuración actuais.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Krai Subdivisións de Rusia
Categoría:Óblasts de Rusia