thumb|Sarrio dental nun ser humano miniatura|Radiografía que mostra (frechas) calcificacións do sarrio. O sarrio ou cálculo dental, é a acumulación de sales de calcio e fósforo sobre a superficie dental. Tamén recibe os nomes vulgares galegos de pedra, charrizo e tártaroSinónimos galegos en Portal das Palabras da RAG- http://www.portaldaspalabras.org/buscador?id=299396&sinom=0 .

Trátase do resultado da mineralización da placa bacteriana, isto é, do conxunto de microorganismos, saliva e restos alimentarios que se van depositando sobre das pezas dentais.

O sarrio componse dunha parte orgánica e outra inorgánica, onde predominan o calcio e o fósforo.

Tipos Segundo a súa localización, distínguese entre o sarrio supraxinxival (amarelo), cando se atopa por riba da liña da enxiva, e o infraxinxival ou subxinxival (marrón), cando se atopa por baixo desa liña.

Tratamento Unha vez detectado o sarrio nos dentes o único xeito de tiralo é mediante un proceso chamado tartrectomía realizado por un odontólogo (dentista).

Notas

Categoría:Cavidade oral Categoría:Doenzas Categoría:Termos médicos Categoría:Odontoloxía