Santa María de Fisterra é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Fisterra. Segundo o IGE en 2018 tiña 2.875 habitantes (1.468 homes e 1.407 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 3.176 habitantes.
Patrimonio A igrexa parroquial de Santa María das Areas sitúase na estrada de acceso ao faro, na aba do monte do Cabo. Foi construída no século XII, e nela custódiase a imaxe do Santo Cristo de Fisterra.
En 1479 o párroco Alonso García mandou construír a carón do templo o Hospital de Peregrinos da Nosa Señora do Rosario, para atender os peregrinos chegados.
Por este lugar pasa a 8ª etapa da ruta de sendeirismo do Camiño dos Faros.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Fisterra
Parroquias de Fisterra
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Fisterra
Categoría:Parroquias de Fisterra Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María Categoría:Camiño dos Faros