dereita|miniatura|Interpretación da Antiga Marcha do Reino de Galicia na procesión do beato Sebastián de Aparicio na Gudiña. A Antiga Marcha do Reino de Galicia é unha marcha procesional recoñecida oficialmente como un distintivo tradicionalDisposición adicional cuarta da Lei de símbolos de Galicia de Galicia. A súa autoría pérdese na tradición popular. Foi executada correntemente polos gaiteiros das confrarías procesionais ao longo dos séculos.
Tamén recibiu a denominación Marcha Solemne do Antigo Reino de Galicia ou Marcha dos Peregrinos, posto que era interpretada habitualmente durante a chegada de xente vida de toda Europa en peregrinación a Compostela. miniatura|Cadaleito de Fraga entrando na igrexa de Perbes, ante a Real Banda de Gaitas mentres tocaba a Antiga Marcha do Reino de Galicia. A Antiga Marcha do Reino é solemne e lenta e con algunhas fases de muiñeira. Interprétase con gaitas en tres tonalidades e percusión. En 1968 Carlos Díaz Gestal incluíu a peza nun disco gravado co seu grupo folclórico, o que contribuíu á recuperación e popularización da marcha.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Himno galego
Ligazóns externas Partitura e MP3 da Antiga Marcha do Reino de Galicia.
Categoría:Patrimonio inmaterial de Galicia Categoría:Composicións musicais galegas Categoría:Composicións musicais no dominio público Categoría:Marchas procesionais Categoría:Símbolos de Galicia