Benito Leiro Conde, nado en Vilanova de Arousa en 1957, é un xornalista e escritor galego.
Traxectoria Estudou Graduado Social na Universidade de Santiago de Compostela. En 1984 gañou un concurso de redacción do concello de Vilanova de Arousa sobre o centenario do nacemento de Julio Camba, e pasou a traballar en El Correo Gallego. En 1990 recibiu o premio nacional de xornalismo Ortega y Gasset canda a Elisa Lois, Xosé A. Pérez e Alfonso Pérez por unha serie de reportaxes sobre o contrabando en Galicia.
Traballou no Xornal Diario de Pontevedra e no Faro de Vigo. Entre 2001 e 2015 foi responsable de Comunicación do Concello de Cambados.
Obras El Hombre que no quería ser nada, 1986. Un lugar tranquilo. Contrabando, droga e corrupción nas rías galegas, 1993. A Festa do Albariño. 50 anos na historia de Cambados, 2002. Planeta Arousa, 2004. El valor de una mujer. Julia Becerra Malvar, 2011 (con Xosé Lois Vila Fariña). Julio Camba, un nudista en Vilanova. 2022
Recoñecementos Premio nacional de xornalismo Ortega y Gasset (1990) Premio Julio Camba (1999), polo artigo "Un nudista en Vilanova"
Véxase tamén Ligazóns externas «Julio Camba fue el primer nudista de Vilanova, que se sepa», artigo en La Voz de Galicia, 6 de xuño de 2009. «El Planeta Arousa de Leiro», artigo en La Voz de Galicia, 18 de decembro de 2004.
Categoría:Xornalistas de Vilanova de Arousa Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Vilanova de Arousa Categoría:Nados en 1957 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela