Agustín de Foxá Torroba, nado en Madrid o 28 de febreiro de 1906Sagrera, Luis 1967: Agustín de Foxá y su obra literaria. Cuadernos de la Escuela Diplomática, Madrid. e finado na mesma cidade o 30 de xuño de 1959, foi un poeta, novelista, periodista e diplomático español. III conde de Foxá e IV marqués de Armendáriz.

Traxectoria Os seus primeiros versos publicounos en De todo un poco, revista do Colexio do Pilar. Estudou Dereito na súa cidade natal; en 1930 ingresou na carreira diplomática e foi destinado a Sofía e Bucarest. O seu colega Edgar Neville foi unha das súas primeiras amizades literarias. Colaborou en revistas como La Gaceta Literaria, Héroe e Mundial, e na prensa diaria (en ABC desde 1930). O seu primeiro libro, La niña del caracol (Madrid, 1933), con dedicatorias a Ramón Gómez de la Serna, María Zambrano e Marichalar, foi editado e prologado por Manuel Altolaguirre; mestura elementos do Modernismo con outros procedentes das Vangardas e o 27. Antes da guerra só publicou outro libro, El toro, la muerte y el agua (Madrid: Imprenta de Galo Sáez, 1936), con prólogo de Manuel Machado.

A Guerra Civil atopouno en Madrid, onde acababa de tributárselle unha homenaxe con motivo de ser destinado ao Consulado de España en Bombai; como era aristócrata, estivo a piques de ser fusilado, como escribe ao seu irmán:

Ao cabo marchou a Bucarest como Secretario de Embaixada na Representación Diplomática da República, desde onde, tras uns meses de dobre xogo, uniuse ao bando nacional. Participou en diversas revistas da Falanxe, como Xerarquía e Vértice, e máis tarde dirixiu Legiones y Falanges, publicación bilingüe en español e italiano. Como diplomático estivo destinado ademais en Roma, de onde foi expulsado en 1940 baixo a acusación de espionaxe, en Helsinqui (en 1942 visita a fronte de Leningrado acompañado polo escritor Curzio Malaparte) e en Buenos Aires (1947-1950), onde obtivo un profundo coñecemento da realidade española e internacional. Ingresou nas filas falanxistas na turbulencia dos anos trinta. Deu numerosas conferencias por Hispanoamérica, onde ás veces atopou a oposición dos exiliados republicanos. Recibiu o premio Mariano de Cavia en 1948 e en 1959 foi nomeado académico de número da RAE na cadeira Z, aínda que non chegou a tomar posesión.

A finais de 1949 e comezos de 1950, participouFoxá y Honduras na "misión poética"Viaje de Tres poetas a América en ABC, 29-11-1949. cos poetas Antonio de Zubiaurre, Luís Rosales e Leopoldo Panero, percorrendo diferentes países iberoamericanos (entre outros Honduras) previamente ao restablecemento de relacións diplomáticas entre estes países e o réxime de Franco. Nese mesmo ano (1950) é destinado á Embaixada española da Habana, e volve a España en 1955, ano en que é elixido ademais académico na Real Academia Española sucedendo a Agustín González de Amezúa, pero morreu o 30 de xuño de 1959 sen pronunciar o seu discurso de ingreso.

Obra Obras completas, Madrid: Prensa Española, I, 1963; II, 1971 e III, 1976: tres vols. — o cuarto non chegou a publicarse. Artigos na prensa Nostalgia, intimidad y aristocracia Un mundo sin melodía (1950). Artículos selectos Poesía lírica La niña del caracol, 1933. El toro, la muerte y la agua (Madrid: Imprenta de Galo Sáez, 1936) El almendro y la espada, 1940. Poemas a Italia Antología poética 1933–1948, Madrid, 1949. El gallo y la muerte, 1949. Novela Madrid, de Corte a checa (Salamanca: Jerarquía, 1938; segunda edición corrixida e aumentada San Sebastián: Librería Internacional, 1938). Misión en Bucarest y otras narraciones Historias de ciencia ficción. Teatro en verso Cui-Ping-Sing (1940). El beso a la bella durmiente. Teatro en prosa Baile en capitanía (1944). Gente que pasa. Otoño del 3006, distopía futurista.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Cara al Sol

Ligazóns externas Obituarios de Agustín de Foxá no ABC de Sevilla de 1 de xullo de 1959. «In memoriam: 50 años sin Agustín de Foxá» — artigo nun blog de WordPress. «Agustín de Foxá, proscrito por la progresía» — artigo de José Antonio Navarro Gisbert.

Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1959 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Novelistas da Comunidade de Madrid Categoría:Nobres de España Categoría:Escritores da Comunidade de Madrid