Kelly Tyler Olynyk, nado o 19 de abril de 1991 en Toronto, Ontario, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Toronto Raptors da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional O 27 de xuño de 2013, Olynyk foi elixido na 13ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Dallas Mavericks, e foi traspasado inmediatamente ós Boston Celtics a cambio dos dereitos de Lucas Nogueira e dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft.Celtics Acquire Olynyk, Iverson O 7 de xullo de 2013, asinou un contrato de rookie cos Celtics.

O 6 de febreiro de 2014, Olynyk foi elixido para disputar o Rising Stars Challenge do All-Star Weekend da NBA de 2014.

O 7 de xullo de 2017, Olynyk asinou un contrato de catro anos cos Miami Heat.

O 25 de marzo de 2021, Olynyk foi traspasado xunto a Avery Bradley e un intercambio de eleccións do Draft de 2022 ós Houston Rockets, a cambio de Victor Oladipo.

O 6 de agosto de 2021, Olynyk asinou cos Detroit Pistons.

O 26 de setembro de 2022, os Pistons traspasaron a Olynyk xunto a Saben Lee ós Utah Jazz, a cambio de Bojan Bogdanović.

O 8 de febreiro de 2024, os Jazz traspasaron a Olynyk xunto a Ochai Agbaji ós Toronto Raptors, a cambio de Otto Porter Jr. and Kira Lewis Jr..

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Toronto Categoría:Xogadores de baloncesto do Canadá Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors