Birimbao é un grupo musical galego de música folk e tradicional fundado na Coruña a finais do ano 1999.

Traxectoria Birimbao fórmase con músicos procedentes doutros grupos musicais como son Tarai, ao que pertenceu Pepe Mato, ou Albariza.

Participou no Proxecto Runas do Festival Internacional do Mundo Celta do ano 2002 e no escenario principal no ano 2013, así como noutros moitos festivais de Galiza e Portugal, como o Festival Folk de Guísamo.http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2010/08/18/0003_8675356.htm

No ano 2006 membros de Birimbao formaron, xunto a outros, o grupo de música tradicional Brixel.

Formación inicial M. Nicolás - Violín e bodhrán. Chema Lorenzo - Contrabaixo e piano. Xaquín - frauta traveseira e whistles. Pepe Mato - Acordeón e gaita. Manolo Caridad - Guitarra. Victor Quintas - Gaita.

Formación actual Mabel L. Castro - Voz, frauta traveseira, frautas de pico, whistle e pandeireta. Chema Lorenzo - Contrabaixo, baixo eléctrico e teclado. Pepe Mato - Acordeón. Alberto Camba - Percusión. Manuel Caridad - Violín, gaita e percusión tradicional. Manolo Gesto - Guitarra e voz.

Discografía 2008: Birimbao. 2012: Birimbao.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de grupos que participaron no Festival de Ortigueira

Ligazóns externas Blog do grupo Páxina web do grupo

Categoría:Grupos musicais da Coruña Categoría:Grupos musicais formados en 1999 Categoría:Participantes do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira