O esh ( Ʃ, ʃ ) é unha letra suplementaria do alfabeto latino. A súa forma é semellante ao s longo ( ſ ) e ao símbolo de integración ( ∫ ).
Historia A versión maiúscula da letra foi tomada da letra sigma do alfabeto grego. A versión minúscula foi introducida por Isaac Pitman en 1847 no seu Phonoypic Alphabet.
Uso O ʃ formaba parte do alfabeto do Africa Institute. En 1978 incluíuse no alfabeto africano de referencia, empregando tan só a letra minúscula, e no ASG, alfabeto para as linguas de Gabón creado en 1989.
O Alfabeto Fonético Internacional emprega o [ʃ] para representar o fonema fricativo palatal xordo, como en galego “xantar” ([ʃanˈtaɾ]).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Sigma
Categoría:Tipografía Categoría:Grafémica Categoría:Alfabeto latino Categoría:Símbolos de transcrición fonética