El Eco de Puentedeume foi un periódico editado en Pontedeume entre 1906 e 1908.

Historia e características Apareceu o 4 de febreiro de 1906. Fundado por Edmundo Roberes Alonso e Antonio Couceiro Freijomil, foi dirixido por Edmundo Roberes. Tiña inicialmente unha periodicidade quincenal, ata que a partir do número 25 correspondente ao 3 de febreiro de 1907 saíron tres números mensuais. Sostivo numerosas campañas críticas. A partir do número 83 do 1 de novembro de 1908 cambiou o seu nome polo de Galicia Pintoresca. O 20 de febreiro de 1910, no canto do número 123, saíu unha folla comunicando a suspensión da revista.El Correo Gallego, 14-9-1963, p. 9. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita de Pontedeume Categoría:1906 en Galicia