Nemanja Nedović, nado o 16 de xuño de 1991 en Nova Varoš, localidade situada na actual Serbia, é un xogador serbio de baloncesto profesional que xoga no KK Crvena zvezda serbio.

Traxectoria Europa Nedović comezou adestrando co Ascoli italiano cando tiña 11 anos, xa que o seu pai xogaba ó balonmán nun equipo desa cidade. Despois diso, adestrou dous anos en Nova Varoš, a súa cidade natal. No ano 2005, con tan só 15 anos, fichou polo Estrela Vermella de Belgrado, onde se converteu en campión co seu equipo xuvenil.

Máis tarde foi ascendido ó primeiro equipo, onde debutou de forma profesional. Xogou no Estrela Vermella ata xuño de 2012, cando fichou polo BC Lietuvos Rytas lituano. Alí debutou na Euroliga, onde fixo 9.8 puntos, 2.5 rebotes e 2.1 asistencias por partido.

NBA O 27 de xuño de 2013, Nedović foi elixido na 30ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Phoenix Suns, quen o traspasaron ós Golden State Warriors. Asinou cos Warriors o 9 de xullo de 2013.Golden State Warriors Sign Nemanja Nedovic to Contract Durante a súa tempada coma rookie, foi asignado varias veces ós Santa Cruz Warriors, afiliado de Golden State na NBA Development League.

Volta a Europa O 14 de novembro de 2014, Nedović asinou un contrato de dous anos co Valencia Basket da Liga ACB. En cinco partidos xogados na Euroliga co Valencia, acadou 8 puntos e 3.6 asistencias por encontro. O 2 de xullo de 2015, Nedović e o Valencia romperon a súa vinculación.

No mesmo día que deixaba o Valencia, Nedović asinou un contrato dun ano co Unicaja Málaga.

O 13 de xullo de 2020, Nedović asinou co Panathinaikos BC da A1 Ethniki e da Euroliga. O 6 de xullo de 2021, Nedović renovou o seu contrato co Panathinaikos por dúas tempadas máis.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com Perfil en Euroleague.net

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados no distrito de Zlatibor Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Serbia Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores do KK Crvena zvezda Categoría:Xogadores do BC Lietuvos Rytas Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores do Valencia BC Categoría:Xogadores do CB Málaga Categoría:Xogadores do Olimpia Milano Categoría:Xogadores do Panathinaikos BC Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Serbia Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto