Patricio Guillén Gandini, coñecido coma Pato Guillén, nado en Montevideo o 28 de decembro de 1984, é un futbolista uruguaio. Xoga na demarcación de gardameta e o seu equipo actual é o Ourense CF, da Primeira División RFEF.
Traxectoria Formouse nas categorías inferiores do CA River Plate Montevideo, debutando co primeiro equipo na tempada 2003/04. Despois de pasar por varios equipos uruguaios coma CA Cerro ou Racing Club pasou ao fútbol español, fichando en 2009 polo Atlético Monzón. A continuación xogou no CD Binéfar e pasou logo por varios equipos de Segunda B: CD La Muela, CD Ourense, Barakaldo, Compostela e Boiro, estando unha tempada en cada un deles excepto no Ourense, no que xogou tres anos.
En 2017 foi unha das fichaxes estrela da UD Ourense, equipo de Preferente, creado só tres anos antes como herdeiro do desaparecido CD Ourense. Foi clave no ascenso á Terceira División e na primeira tempada do club en dita categoría.
En xullo de 2019 volveu ao Compostela, sendo titular en todos os partidos e contribuíndo ao ascenso á Segunda B ao remate da tempada. Militou durante os seguintes catro anos no club compostelán, disputando un total de 143 partidos oficiais.
En xuño de 2024 regresou á capital ourensá para asinar como novo gardameta do Ourense CF, equipo que viña de ascender á Primeira División RFEF.
Palmarés CD Ourense Terceira División (1): 2011/12.
Compostela Terceira División (1): 2019/20.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Traxectoria do xogador .
Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Futbolistas do Uruguai Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do CA River Plate (Montevideo) Categoría:Xogadores do Club Atlético Cerro Categoría:Xogadores do Racing Club de Montevideo Categoría:Xogadores do CD Binéfar Categoría:Xogadores do CD Ourense Categoría:Xogadores do Barakaldo CF Categoría:Xogadores da SD Compostela Categoría:Xogadores do CD Boiro Categoría:Xogadores da UD Ourense Categoría:Xogadores do Ourense CF Categoría:Personalidades sen imaxes