Mangalia é unha cidade portuaria situada na costa romanesa do Mar Negro, ao sueste do condado de Constanţa.

Historia A colonia milesia chamada Calatis foi fundada a inicios do século V a. C durante o reinado do rei macedonio Amintas III.Amphoras from Callatis (Romania), International Journal of Nautical Archaeology

A partir do século IX foi coñecida polos turcos como Pangalia, polos romaneses como Tomisovara e polos gregos como Panglicara. Foi un dos portos máis importantes da costa occidental do mar Negro.

Situación xeográfica e clima Mangalia está situada a 43°49' de latitude norte e a 28°35' de lonxitude leste, cunha elevación aproximada de 10 m. Está emprazada a 44 km ao sur da cidade de Constanţa, ao sur do paralelo 44 Norte, e na mesma latitude que a cidade de Niza. Mangalia é o máis meridional centro de vacacións da costa romanesa do mar Negro.

Mangalia caracterízase por un moderado clima marítimo (cunha media anual de temperatura 11,2 °C), con calorosos veráns (a media de xullo é duns 22 °C) e invernos temperados (a media de xaneiro é de 0,2 °C).

Mangalia ocupa o segundo lugar do país, tras Băile Herculane, con medias de temperaturas invernais sobre 0 °C. A primavera chega pronto pero é fresca e o outono é longo e caloroso.

No verán, a nebulosidade é reducida (uns 25 días soleados ao mes) e a duración da luz solar é de 10-12 horas ao día.

A precipitación anual é baixa (uns 400 mm).

A brisa mariña é forte no verán. Os axentes naturais curativos da auga do mar Negro, a cal ten cloruros, sulfatos, sodio, magnesio, e é hipotónica (15,5 g de mineralización). As augas minerais da primavera son sulfurosas, cloradas, bicarbonatadas, sódicas, cálcicas, mesotermais (21-28 °C) en pártea norte da cidade, no área da praia entre Saturno e Venus, o lodo sulfuroso, rico en minerais, o cal é extraído do lameiro de turba do norte da cidade (desde hai 250 anos) e o clima mariño, rico en aerosois salinos e radiación solar que exercen un estimulante efecto no organismo.

Ten unha longa praia de area fina, desenvolvida para a aerohelioterapia e terapia de ondas, como un alto peirao cun microclima específico onde un pode beneficiarse de inhalacións de aerosois salinos con efectos terapéuticos.

Demografía Poboación Segundo o censo de 2011 a estrutura étnica de Mangalia era a seguinte: Estrutura étnica (2011) Total Romaneses Turcos Tártaros Xitanos Lipovanos Húngaros Outras33.374 30.276 1.462 1.195 165 107 72 97

Relixión Relixións (2002) Total Ortodoxos Musulmáns Católicos Pentecostais Adventistas Outras 40.132 36.157 3.138 400 121 49 316

Atraccións turísticas A tumba escita descuberta en 1959 onde os arqueólogos desenterraron fragmentos dun papiro en grego, o primeiro documento deste tipo de Romanía. As tumbas da necrópole da cidadela de Calatis, datan dos séculos IV ao II a.C. As ruínas da cidadela de Calatis do século VI a.C. A mesquita turca de Mangalia do século XVI. O Museo Arqueolóxico, cunha rica colección de ánforas e esculturas da época helenística, fragmentos de sarcófagos de pedra etc.

Cidades irmandadas Balchik, Bulgaria General Toshevo, Bulgaria Lavrio, Grecia Fondi, Italia Porto Viro, Italia Santa Severina, Italia Struga, Macedonia do Norte Piran, Eslovenia Greenport, Estados Unidos

Notas

Categoría:Cidades de Romanía