Juan Alonso Tembrás, nado na Capela (Seixas, As Somozas) en 1949, é un político galego do Partido Popular, que dende o 2014 é alcalde das Somozas. Ademais preside a UD Somozas, club de fútbol da Terceira División RFEF.
Traxectoria Prexubilado de Endesa, accedeu á corporación municipal das Somozas tras as eleccións municipais de 1991, na lista do Partido Popular. Durante máis de vinte anos foi reelixido no seu cargo como concelleiro, ata que chegou a ser primeiro tenente de alcalde. En 2014 accedeu á alcaldía logo do falecemento do seu antecesor, Manuel Candocia. Nas municipais de 2015 foi o candidato do PPdeG e foi elixido alcalde ao obter todos os concelleiros.El popular Juan Alonso, alcalde de As Somozas Sucedeu tamén a Candocia na presidencia da UD Somozas.
Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía con maioría absoluta.Concello das Somozas na FEGAMP
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais nas Somozas
Categoría:Alcaldes das Somozas Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados nas Somozas Categoría:Nados en 1949 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes