Juan Manuel Vidal García, nado en Baión (Vilanova de Arousa) en 1886 e finado en Santiago de Compostela a principios de setembro de 1936, foi un industrial e político galego.
Traxectoria Estivo emigrado na Arxentina desde onde remitiu diñeiro para a construción de escolas en varias parroquias. Retornado a Arzúa, estableceu un negocio de importación de apeiros de labranza da Arxentina. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Arzúa (1924). Na República foi elixido concelleiro de Arzúa en 1931. A finais de decembro de 1932 foi elixido alcalde de Arzúa, permanecendo no cargo até 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e asasinado en Santiago de Compostela a principios de setembro de 1936. Xulgado en Compostela por rebelión nun proceso iniciado o 25 de agosto, foi declarado en rebeldía. A pesar de ser paseado a principios de setembro, o Xulgado Militar de Santiago de Compostela publicou en novembro unha requisitoria citándoo xunto con José Corzo Conde.El Pueblo Gallego, 27-11-1936, p. 10 A súa familia quedou sen licenza para comercializar apeiros.
Vida persoal
Casou con María Alicia Viaño García. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Alcaldes de Arzúa Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vilanova de Arousa Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1936