Constantino Fernández Pico, coñecido como Tino Fernández, nado na Coruña en 1966, é un empresario galego, cofundador e presidente da consultora tecnolóxica Altia.
Foi presidente do Deportivo da Coruña entre 2014 e 2019, en substitución do histórico Augusto César Lendoiro, e dende outubro de 2020 forma parte do consello de administración do Racing de Ferrol.
Traxectoria Licenciado en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou como consultor en Arthur Andersen, antes de fundar en 1994 a consultora tecnolóxica Altia. Foi adestrador de varios equipos de baloncesto, entre eles a selección galega infantil e cadete masculina.
O 21 de xaneiro de 2014 foi elixido presidente do Deportivo da Coruña, en substitución de Augusto César Lendoiro. O empresario recibiu o apoio do 72,09% do capital social representado na Xunta de Accionistas.Tino Fernández pon o punto final a 25 anos de lendoirismo Durante a súa presidencia tivo que facer fronte ao maior concurso de acredores do deporte español. Uns meses despois da súa chegada despediu de xeito inesperado ao artífice do ascenso a Primeira División na tempada 2013/14, Fernando Vázquez, por unhas polémicas declaracións deste sobre as fichaxes do club. Durante o seu mandato recuperouse a sección feminina e pechouse un acordo con Abanca sobre a débeda privilexiada do concurso.
No plano deportivo o equipo conseguiu a permanencia en Primeira tres tempadas consecutivas ata o descenso na 2017/18. Na tempada seguinte o club pagou unha cláusula de rescisión ao Levante para incorporar a Carmelo del Pozo como novo secretario técnico e a Natxo González como adestrador. Os malos resultados en Segunda, onde o Deportivo a duras penas entrou na promoción de ascenso, provocou a dimisión por sorpresa en abril de 2020 de Tino Fernández e todo o consello de administración antes do fin da tempada. Ocupou aínda o cargo até o 28 de maio de 2019, cando foi elixida a candidatura de Paco Zas para presidir o club coruñés.
O 22 de outubro de 2020 anunciouse a súa incorporación ao consello de administración do Racing de Ferrol.
Notas
Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Presidentes do Deportivo da Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela