San Salvador de Covas é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello de Rubiá. Segundo o IGE en 2010 tiña 23 habitantes (16 mulleres e 7 homes), nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 25 habitantes.
Xeografía Está situada na marxe do río Sil, xunto ao encoro de Penarrubia. Por Covas discorre o ferrocarril León - A Coruña (con parada na estación de Covas) e a estrada N-120.
Na parroquia está a aciñeira de Covas, unha aciñeira declarada árbore senlleira pola Xunta de Galicia, situada na serra da Enciña da Lastra.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Covas
Parroquias de Rubiá
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Rubiá
Categoría:Parroquias de Rubiá Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Salvador