Santa Cruz da Veiga de Cascallá é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Rubiá. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 82 habitantes (40 homes e 42 mulleres), nunha entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 146 habitantes.
Está situada entre o río Galir -afluente do Sil- e a estrada N-120, e crúzaa a estrada OU-622.
A igrexa parroquial, de estilo neoclásico, foi construída en 1959 coas pedras da igrexa da Alberguería (A Veiga), parroquia asolagada en 1958 ao se construír o encoro de Prada, no río Xares"Aquí nos vendría bien la iglesia de Alberguería", artigo en La Voz de Galicia, 10 de setembro de 1995.. No ano 2022 a parroquia viuse afectada polos incendios forestais, ardendo numerosas vivendas.
Galería de imaxes
Notas
Lugares e parroquias Lugares da Veiga de Cascallá
Parroquias de Rubiá
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Rubiá
Categoría:Parroquias de Rubiá Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación da Santa Cruz