Víctor Manuel López Quijada, nado en Ribadavia en 1928 e finado en Madrid o 30 de novembro de 2021, foi un político galego.

Traxectoria

Foi profesor do ciclo de Matemáticas do Instituto Laboral de Ribadavia. Empregado na Caixa de Aforros Provincial de Ourense, foi fundador e directivo da Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro. Foi nomeado alcalde de Ribadavia en xullo de 1970,El Pueblo Gallego, 17-7-1970, p. 14. permanecendo no cargo até 1975. Afeccionado á fotografía, foi presidente da Agrupación Artístico-Fotográfica de Ribadavia.

Finou en Madrid o 30 de novembro de 2021.La Voz de Galicia, Ourense, 2-12-1921, p. 4.

Notas

Categoría:Alcaldes de Ribadavia Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Nados en 1928

Categoría:Finados en 2021

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes