Emilio Gómez Casasnovas, nado cara a 1918 e finado en Ribadavia o 22 de xullo de 1991,La Voz de Galicia, O Ribeiro-O Carballiño, 23-7-1991, p. 28. foi un político galego.
Traxectoria Foi nomeado alcalde de Ribadavia en 1949, e tomou posesión o 22 de decembro, permanecendo no cargo até 1955. Nas primeiras eleccións democráticas presentouse á alcaldía pola UCD e a pesar se ser o partido máis votado, non conseguiu a alcaldía tras apoiar os grupos de esquerdas ao candidato de Coalición Democrática José María Vázquez Pérez. En 1979 foi elixido deputado provincial por Ribadavia. Finou en Ribadavia en 1991 aos 72 anos.
Vida persoal
Casou con Concepción Soto Lorenzo e foi pai de Emilio Gómez Soto. Notas
Véxase tamén
Outros artigos Eleccións municipais en Ribadavia
Ligazóns externas Apuntamentos para unha historia do IES O Ribeiro. Ourense. Etapa 1954-1968
Categoría:Alcaldes de Ribadavia Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Deputados provinciais de Ourense Categoría:Finados en 1991