Carlos González Besada Giráldez, nado en Tui e finado en Madrid o 6 de xaneiro de 1946, foi un avogado, diplomático e político galego.
Traxectoria Fillo de Augusto González Besada. Foi Vicecónsul de España en París. Foi elixido deputado polo distrito de Lugo en 1919. Continuou como deputado por Lugo nas eleccións de 1920, e foi elixido deputado polo distrito de Monforte nas eleccións de 1923. Foi cónsul de España en Matanzas, Porto Alegre e Bogotá. Herdou o título de Marqués de González Besada á morte da súa nai Carolina Giráldez en 1940. Finou en Madrid o 6 de xaneiro de 1946.El Correo Gallego, 10-1-1946, p. 5.
Notas
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Tui
Categoría:Finados en 1946
Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes