A glomerulonefrite membranoproliferativa (GMP), tamén coñecida coma glomerulonefrite mesanxiocapilar é unha glomerulonefrite (inflamación do glomérulo renal) caracterizada por depósitos na membrana basal glomerular e no mesanxio do ril.
Esta glomerulonefrite é a responsábel dun 4% dos casos de síndrome nefrítica en nenos, e dun 7% destas en adultos.
Non ha de ser confundida coa glomerulonefrite membranosa, onde a membrana basal glomerular está afecta, mais non o mesanxio.
Patoloxía miniatura|Glomérulo renal. GMP afecta ao mesanxio (#5a) e mais á membrana basal glomerular (#1). Na glomerulonefrite membranoproliferativa prodúcense depósitos intraglomerulares no mesanxio e na membrana basal glomerular.
É tamén a nefropatía que máis adoita estar asociada á hepatite C.
Clasificación Existen tres tipos de GMP. Tipo I É, de lonxe, o tipo máis común. É causado por depósitos de inmunocomplexos no ril. Está caracterizada polo depósito mesanxial e subendotelial destes inmunocomplexos.
Crese que está asociado á vía clásica do complemento.
Tipo II A tipo II (ás veces chamada tamén "doenza de depósitos densos") é semellante á tipo I. Porén, crese asociada á vía alternativa do complemento.
A remision espontánea neste tipo é infrecuente. De feito, o 50% dos doentes evolucionarán a insuficiencia renal crónica terminal nun prazo de 10 anos.
Tipo III A tipo III é moi infrecuente, e é caracterizada por unha mestura entre os dous tipos anteriores.
Identificouse un xene no cromosoma 1 coma posíbel candidato a ser a orixe da doenza.
Notas
Bibliografía Farreras-Rozman: Medicina Interna. 16º Edición. C Rozman, F Cardellach, JM Ribera, A de la Sierra. Editorial Elsevier, 2009.
Véxase tamén Outros artigos Síndrome nefrótica Membrana basal glomerular Ligazóns externas Sociedade Española de Nefroloxía .
Categoría:Doenzas renais