Pío Abundancia Álvarez, nado cara a 1873 e finado en Tui o 29 de xuño de 1959, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Foi elixido concelleiro de Tui en 1913, e nese mesmo ano nomeado presidente do Círculo Tradicionalista de Tui. Foi Tenente de Alcalde en 1914, volveu ser concelleiro e 1º Tenente de Alcalde en 1916 e 1923. Foi vicecónsul de Portugal en Tui. Na Segunda República militou no Partido Republicano Radical e foi nomeado alcalde de Tui o 16 de outubro de 1934, permanecendo no cargo até o 3 de abril de 1935. Finou en Tui o 29 de xuño de 1959 aos 85 anos.Necrolóxica en Faro de Vigo, 30-6-1959, p. 5.
Vida persoal Casou en 1904 con Margarita Fortes Orozco, filla de Justo Salvador Fortes, e foi pai de Pío, Margarita, Dolores, Purificación, Ramón, Ricardo, Justo, José e Rita Abundancia Fortes.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Alcaldes de Tui Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República
Categoría:Nados en 1873
Categoría:Finados en 1959