José María Rodríguez Barreiro, coñecido como Xosé María Barreiro, nado en Baiona o 28 de xuño de 1871 e finado no mesmo concello o 23 de novembro de 1923, foi un xornalista e escritor galego. Traxectoria miniatura|La Virgen de la Roca. Apropósito lírico.Bouzón Gallego, Avelino (26/5/2015). "Libro sobre la zarzuela La Virgen de la Roca" Dirixiu en Baiona os periódicos El Valle Miñor (1902) e El Miñor (1904 a outubro de 1905). Foi redactor de Faro de Vigo. Escribiu o drama en verso Gente de Mar, estreado en Baiona en 1907, La Virgen de la Roca. Apropósito lírico en tres cuadros (1910) estreado en Vigo en 1911 con música de Angel Rodulfo, e Un conto, diálogo en galego escrito para Hipólito Reguenga e Castelao. En 1910 dirixiu Heraldo de Bayona e en 1914 o periódico agrarista e anticaciquil El Pueblo, e participou no II Congreso Agrario Provincial de Pontevedra (1915). El Pueblo foi pechado en 1916 e José María foi condenado a catro anos de desterro por supostas inxurias a un crego.
Axudado pola Sociedad Miñorana de Montevideo, emigrou a América, fundou a Casa de Galicia de Montevideo e dirixiu no Uruguai o semanario Tierra Gallega (1917), O Fungueiro (1918) e Galicia Nueva (1918). En Montevideo representou Gente de Mar, La Romería de San Roque, Pan Quente, comedia de costumes e varias veces a zarzuela La Virgen de la Roca. Tamén asinou algunhas das súas colaboracións co pseudónimo Franco del Todo. É autor dun documental sobre costumes e paisaxes de Galicia en 1918. Gravemente enfermo, regresou a Baiona, onde finou en novembro de 1923.El Progreso, 28-11-1923, p. 2. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Pérez Leira, Lois (26/11/2000). Xosé María Barreiro: Periodista, agrarista, fundador da Casa de Galiza de Montevideo Enciclopedia da Emigración.
Categoría:Xornalistas de Baiona Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Galegos do Uruguai Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Dramaturgos de Galicia Categoría:Nados en Baiona Categoría:Nados en 1871 Categoría:Finados en 1923 Categoría:Dramaturgos do século XX