Zubin Mehta (en hindi ज़ूबिन मेहता), nado o 29 de abril de 1936 en Mumbai (actualmente na India e daquela pertencente ao Imperio Británico), é un director de orquestra indio. É director vitalicio da ha-Tizmoret ha-Filharmonit ha-Yisre'elit (Orquestra Filharmónica de Israel).
Traxectoria Zubin Mehta naceu o 29 de abril de 1936 en Mumbai no seo dunha familia parsi, descendente dos zoroastros que saíran de Persia no século XVII fuxindo do islam.Matheopoulos, p. 250 Mehta era fillo de Tehmina Mehta e do violinista e director de orquestra indio Mehli Mehta, que en 1935 fundou a Bombay Symphony Orchestra e que fora director musical da American Youth Symphony nos Ánxeles, California (Estados Unidos). A relación da súa familia coa música académica occidental fixo posible que Mehta, a pesar de que a música occidental fora unha rareza na India, medrara escoitándoa constantemente, ben nos ensaios da orquestra ou nos do grupo de cámara que tiña seu pai e que adoitaban ensaiar no salón da súa casa. Foi precisamente de seu pai de quen recibiu as súas primeiras ensinanzas musicais, recibindo clases de piano e violín, ao mesmo tempo que estudaba nas ecolas xesuítas de St. Mary's School e St. Xavier's College.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Directores de orquestra Categoría:Nados en 1936 Categoría:Nados en Bombai Categoría:Músicos da India