Pablo Cimadevila Álvarez, nado en Pontevedra o 12 de decembro de 1978, é un xoieiro e nadador paralímpico galego, na categoría S6.

Traxectoria Con catro anos foi atropelado por un coche, causándolle unha paraplexía.

Nos Xogos Paralímpicos de Sidney 2000 participou en 7 competicións, gañando a medalla de ouro nos 200 libres. En Atenas 2004 participou tamén en 7 competicións, logrando a medalla de bronce nos 4x50. En Pequín 2012, onde participou en seis categorías, acadou a medalla de bronce nos 200 metros e nos 4x50. Participou tamén nos Xogos Paralímpicos de Londres 2012.

Amais, gañou 5 medallas en campionatos do mundo e outras 5 en campionatos de Europa.

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía, na web do Comité Paralímpico Español .

Categoría:Nadadores de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1978 Categoría:Medallistas paralímpicos de Galicia Categoría:Medallistas paralímpicos de ouro por España Categoría:Medallistas paralímpicos de bronce por España Categoría:Medallistas paralímpicos en natación Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes