El Agrario foi un periódico editado en Buenos Aires entre 1917 e 1926.
Historia e características Subtitulado Órgano oficial del Centro Protección Agrícola del Distrito de Salceda, apareceu en Buenos Aires o 1 de marzo de 1917 como resposta ao peche do periódico agrarista e anticaciquil El Despertar o ano anterior. Fundado e dirixido por Antonio Fernández Lorenzo, dende 1919 o seu director foi Manuel González Iglesias. Estaba editado polo Centro Protección Agrícola del Distrito de Salceda en Buenos Aires. Nun primeiro momento denominouse La Voz del Centro, pasando o 1 de outubro de 1919 a denominarse El Agrario. Aínda que era o órgano oficial da entidade e ofrecía información sobre a mesma (actividades, noticias sociais, asembleas etc.), a maior parte da publicación ocupábase da actualidade española e da comarca desde postulados agraristas. En 1924 publicou un número extraordinario ao cumprirse o seu sétimo aniversario. Cesou a súa publicación o 15 de marzo de 1926.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Sánchez Bargiela, Rafael (9/5/2012). "Agrarios tudenses en "El Agrario" de Buenos Aires de 1923" tudensia.blogspot.com Outros artigos Publicacións impresas da diáspora galega Ligazóns externas Ficha de La Voz del Centro no Repertorio da prensa da emigración galega. CCG. Ficha de El Agrario no Repertorio da prensa da emigración galega. CCG.
Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Xornais de Buenos Aires Categoría:Xornais desaparecidos Categoría:Prensa agraria Categoría:Salceda de Caselas