thumb|Guido Reni, Santiago o Maior, 1636-1638, o patrón de Galiza

Santiago, é un nome propio masculino galego. Esta forma escrita tamén é común co castelán e co portugués. A súa orixe é unha contracción de Sant Iago, procedente de sanctus e Iacobus, que tamén deu lugar a Xaime e Xácome. Iacobus provén do hebreo יַעֲקֹב (Ia'akov), que significa (segundo a etimoloxía popular contida na Biblia) "sostido polo calcaño". En galego tamén ten as variantes Xacobe, Xacob e Iago, e os hipocorísticos Chago e Santi.

En xaneiro de 2023 existían 8.958 varóns en Galicia co nome Santiago, cunha media de idade de 47,3 anos.Nome Santiago na Web do Instituto Galego de Estatística

Orixe do nome É a segunda forma do nome máis común en Galiza tras Diego, e a forma máis común en español,Domínguez García, Javier: Memorias del futuro. Ideología y ficción en el símbolo de Santiago Apóstol. Iberoamerica Editorial Vervuert, 2008.Datos do censo español (Fonte: INE). en honra a un dos apóstolos de Xesús, Ya'akov fillo de Zebedeo, coñecido como Santiago o Maior, patrón de Galiza.http://etimologias.dechile.net/?Santiago

En latín eclesiástico denominábaselle Sanctus Iacobus (literalmente "San Xacobe"), composto que pasou a Sant Iaco para culminar como Sant Iago en galego. Por ser o berro da batalla dos cristiáns españois durante a Reconquista, popularizouse nunha soa palabra e non en dúas, pasando a ser un nome por dereito propio.

Santoral 25 de xullo: conmemórase neste día o martirio e decapitación de Santiago Apóstolo, en Jafa (Palestina). Disque foi o papa Calisto II quen o proclamou en 1122. Co paso do tempo, en 1919, as Irmandades da Fala adoptaron esta data como Día da Patria Galega. E en 1979, a Xunta de Galicia declara esta data como o Día Nacional de Galicia.Federico F. de Buján: "Una fecha y un nombre", en La Voz de Galicia 1.08.2008. 30 de decembro: nesta data celébrase a traslación dos restos do apóstolo a Galicia. Segundo o historiador Fernando López Alsina, ata o 1080 esta era a única festividade dedicada ó apóstolo Santiago.https://xacopedia.com/busqueda-simple.php Xacopedia.com, s. v. Fiesta de Santiago e Traslación, fiesta de la.

Toponimia Santiago é o haxiotopónimo de numerosas vilas en Galiza: a máis coñecida, Santiago de Compostela, é a capital. O buscador de topónimos recolle 10 lugares co nome Santiago en Galiza, sen incluír microtopónimos: cinco co nome de Santiago e outros cinco nos que este forma parte do topónimo (como Santiago de Covelo, O Cruceiro de Santiago, etc).Nomenclator de Galicia, busca= Santiago. Ademais multitude de parroquias teñen a Santiago coma padroeiro. Santiago o Maior é ademais o patrón de Galiza e de España.

Iago e Tiago Contrariamente ao que normalmente di o senso común, o nome Tiago é, en verdade, unha corruptela de Iago. Xurdiu da aglutinación de dous elementos, Santo e Iago, que produciu Santiago. Á súa vez, ao se separar novamente a palabra Santo, xurdiu unha corruptela que despois viría a se tornar o nome Tiago, común especialmente en Portugal.

No Brasil é tamén moi común a versión "Thiago", derivada dunha falsa etimoloxía que atribuía o 'th' dunha suposta orixe grega iniciada coa letra θ, como é o caso do galego Tomé (en galego antigo Thomé).

Didacus Unha etimoloxía erudita sostén que Diego procedería, porén, do latín Didacus, derivado á súa vez do grego Διδακμος (Didakmós, participio que significa "instruído"), a cal deu lugar a Dídaco (en catalán Dídac).

Porén, semella que Didacus nunca existiu no latín falado, máis ben se trata dunha latinización do propio Diego, como noutros casos semellantes, como Ludovicus, de Luís ou Lois (nome xermánico) ou Xaverius, de Xabier.

A súa presenza documental, en efecto —fóra dos nomes latinizados, como Didacus Roderici para Diego Rodríguez ou nun documento galego de 1137: Didacus Capas— é practicamente inexistente; é dicir que ninguén se chamou nunca Dídaco nin nada semellante antes de existir o nome Diego. Diego ademais non é patrón de ninguna parroquia galega, polo que non sería un nome galego.

Pola súa banda a heráldica adxudica ao apelido Diego un brasón acuartelado con dúas vieiras, símbolo do apóstolo Santiago. En consecuencia, a orixe de Diego en Tiago e antes Sant Iago semella evidente.

Diego Diego, seica, deriva dunha incorrecta separación do nome Santiago, San Tiago (que deu tamén a variante galego-portuguesa Tiago) que por razóns de eufonía derivou en Diago e despois en Diego (Diogo en portugués).

O proceso de separación, estímase, foi o seguinte, aínda que a súa evolución foi moi amodo e non está completamente testemuñada Sant Iago → Sant Tiago → Tiago → Diago → Diego

Exemplos: Et ueno M. Thome, maordomo del bispo, al día del plazo de Sant Yago & aduxo los alcaldes sobredichos... (Anónimo, Documento de avinza. Castela, ca. 1230). Rogamos asant clemente en cuyo día nasçiemos & asant illifonso cuyo nombre abemos. & asant tiago que es nuestro sennor & nuestro padron (Fuero de Burgos, ca. 1290). Título de vna fazannia Don del tiempo del Rey don alfonso el vyeio. Nunno el buenno & don diago gonçalez su hermano... (Fuero de Burgos, ca. 1290). Algúns lingüistas sustentan que Diego e a variedade lusa Diogo derivarían do latín Didacus. Desde os primeiros documentos latino-galaico-portugueses escritos desde o 882, o nome vén documentado a través das formas "Didaco", "Didagu", "Diaco" e "Diago" que foron abonadas amplamente en documentación da Idade Media.

Algunhas fontes pouco precisas presentan o nome Diego coma un nome illado, dándolle falsos significados como "belo" e até mesmo como unha variante de demo."diogo", in Dicionário Priberam da Língua Portuguesa em linha, 2010. Consultado o 12-03-2013.

Variantes noutras linguas

Ya'akov (יעקב) (hebreo), hipocorístico Koby Yaʿqūb (يعقوب) (árabe) Yaghub (persiano) Hakob (Հակոբ) (armenio) Iákovos (Ιάκωβος), Iakóv (Ιακώβ), Gyánkos (Γιάγκος) (grego) Iacobus, (latín) Jacob, Jacó, Iago, Santiago, Tiago, Jaime, Jácomo (portugués) Xacobe, Xácome, Santiago, Iago, Xaime (galego), hipocorísticos: Santi, Chago, Iago, Iaguiño. Xacobu, Xaime (asturiano) Jacob, Jacobo, Yago, Jaime, Diego, Santiago (español) Chaime, Diago (aragonés) Jacob, Jaume, Dídac (catalán) Jacme (occitano) Jacques (francés) Giacomo, Jacopo, Giacobbe (italiano) Iacob, Iacov (romanés) Jakez (bretón) Iago, Jacob, Jac, Jago (galés) Jago, Jammes, Jamma (córnico) Séamus, Séamas (gaélico irlandés) Seumas (gaélico escocés) Jacob, Jakob, Jakeb, James, Jayme, Jaime (inglés) (cos hipocorísticos Jake, Jack, Jim, Jimmy, Jimmie) Hamish (escocés) Jacobus, Jaak, Jakob, Jacob, Sjaak (neerlandés) Jakob, Jacob (alemán) Jakob, Jacob, Jep, Jeppe, Ib (danés) Jakob, Jacob (sueco) Jakob, Jacob (noruegués) Jákup (feroés) Jēkabs (letón) Jokūbas (lituano) Jakub (polonés), hipocorístico Kuba Jakub (sorbio) Jakub (checo), hipocorístico Kuba Jakub (eslovaco), hipocorístico Kubo Yakiv (Яків) (ucraíno) Yakov (Иаков, Яков), Jascha, Yasha (Яша) (ruso) Yakov (Яков) (búlgaro) Jakov (Јаков) (serbio) Jakov (croata) Jakob, Jaka (esloveno) Jakub (bosníaco) Jagoba (éuscaro) Jaagup, Jaak, Jakob (estoniano) Jaakkob, Jaakob, Jaakoppi, Jaakko (finés) Jakab, Jákob (húngaro) Yakup (turco) Yankev, Yankl, Yankel, Yankele (yidish) Yǎgè 雅各 (chinés) Giacôbê (vietnamita) Chacko, Yakob (malaio) Iakopo (samoano)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Bibliografía . . Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega

Categoría:Nomes masculinos de orixe hebrea Categoría:Nomes masculinos galegos Categoría:Nomes masculinos casteláns Categoría:Nomes masculinos portugueses