Jesús Fojo Díaz, nado cara a 1899 e finado en Ortigueira o 6 de agosto 1969,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 7-8-1969, p. 22. foi un xornalista, editor e político galego.

Traxectoria Foi fundador e director de La Voz de Ortigueira desde a súa fundacion en 1916. Amigo de Leandro Pita Romero, foi secretario da Federación Agraria de Ortigueira. Foi nomeado secretario da delegación en Ortigueira da Federación de sociedades de instrucción del partido judicial de Ortigueira da Habana en 1927.Vida Gallega, 29-11-1927, p. 19. Na Segunda República foi alcalde de Ortigueira. Foi nomeado deputado provincial polo distrito de Ortigueira-Ferrol en 1934 e elixido vicepresidente da Deputación da Coruña. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi destituído como alcalde de Ortigueira en marzo.

Vida persoal Casou con Carmen Salgueiro Salgueiro e foi pai de Vicente e David Fojo Salgueiro.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Alcaldes de Ortigueira Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República

Categoría:Deputados provinciais da Coruña

Categoría:Nados en 1899

Categoría:Finados en 1969