A eparquía de Buenos Aires (en serbio cirílico: Епархија буеносајреска), tamén chamada eparquía de Buenos Aires e de América do Sur e Central (en serbio cirílico: Епархија буеносајреска и јужно-централноамеричка) é unha eparquía da Igrexa ortodoxa serbia, coa súa sé situada na cidade de Buenos Aires, Arxentina. A eparquía foi fundada o 26 de maio de 2011, pola decisión do Santo Sínodo da Igrexa ortodoxa serbia na sesión regular de maio.

O xerarca administrador da eparquía é Amfilohije Radović, quen é o bispo metropolitano da metrópole de Montenegro e do Litoral e arcebispo de Cetinje.Saopštenje za javnost Svetog Arhijerejskog Sabora Srpske Pravoslavne Crkve (en serbio cirílico), consultado o 6 de xaneiro de 2014.Mitropolit crnogorsko-primorski Amfilohije u Argentini (en serbio cirílico), consultado o 6 de xaneiro de 2014.Mitropolit Amfilohije učestvovao na Drugom saboru pravoslavnih kanonskih episkopa u Južnoj Americi , consultado o 6 de xaneiro de 2014 (en serbio cirílico).

O 13 de outubro de 2012, en Buenos Aires, realizouse a primeira sesión do consello da administración da eparquía, baixo a presidencia do actual xerarcaPrva sjednica Eparhijskog odbora Eparhije buenosaireske južno-centralnoameričke (en serbio cirílico) Consultado o 6 de xaneiro de 2014

Notas

Véxase tamén Outros artigos Igrexa Ortodoxa Serbia en Norteamérica e América do Sur

Buenos Aires Buenos Aires Buenos Aires