José Moldes Castro, coñecido como José de Moldes, nado en Porráns (Barro) en 1915 e finado no mesmo lugar o 4 de decembro de 1987,La Voz de Galicia, 5-12-1987, p. 57. foi un inventor galego, creador do primeiro automóbil deseñado e construído en Galicia.

Traxectoria Fillo de Ángel Moldes Barreiro, alcalde de Barro, na súa xuventude foi tesoureiro do Partido Galeguista, antes do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Posteriormente montou negocios de ferraxería e madeira en Barro e a súa comarca.

Deseñou en 1949, e construíu, en 1950, o primeiro automóbil en Galicia, bautizado como El Coso que circulou pola provincia de Pontevedra durante máis de tres anos, ata que en 1953 foi retirado da circulación por orde do Xefe de Obras Públicas.TILVES PAZOS, Emma, Barro en Imaxes: Arquivo Reinaldo, Editorial: Asociación Cultural Barosa / Xunta de Galicia; Cap. A locomoción, Pág. 29. Nº páginas: 108 pp. ISBN 978-84-613-3029-4; data publicación: 6-1-2009 A escritora Emma Tilves Pazos recolleu testemuña:

O seu fillo, o político, profesor e diplomático Francisco Javier Moldes Fontán recordábao así:

El Coso anticipouse ao Pegaso Z-102 da autárquica ENASA, deseñado polo catalán Wifredo Ricart, ao primeiro SEAT (1953), o 1400, de deseño italiano (FIAT) e ao Renault 4CV, de deseño francés e producido por FASA desde 1953, o único que chegou a ser realmente popular. Tamén se anticipou aos primeiros automóbiles Barreiros, do ourensán Eduardo Barreiros, con quen Moldes tivo relación, que tardaron en aparecer -en 1954- polas trabas administrativas dos sucesivos gobernos de Franco durante os anos cincuenta.GARCÍA RUIZ, J.L. (2000), Barreiros Diesel y el desarrollo de la automoción en España, 1954- 1969, Documento de Trabajo N. 2003, Fundación Empresa Pública, Programa de Historia Económica, Madrid Non foi casual que en 1953, xusto o ano da comercialización dos primeiros automóbiles españoisGARCÍA RUIZ, J.L. y SANTOS REDONDO, M. (2001), ;Es un motor español! Historia empresarial de Barreiros, Editorial Síntesis / Fundación Eduardo Barreiros, Madrid., o representante provincial do Ministerio de Obras Públicas ordenase retirar da circulación o automóbil de produción artesanal de José Moldes, que ata ese momento circulara sen problemas pola provincia durante máis de tres anos.

Xunto co catalán Eusebio Cortes Cherto, que construíu os seus coches entre 1946 e 1950, Moldes foi, entre 1949 e 1953, un dos pioneiros que mobilizaron o seu enxeño ante a práctica ausencia dunha industria española do automóbil durante a primeira etapa de autarquía da posguerra.HERNANDEZ MARCO, J.L. (1996), La oferta automovilistica en España antes del Seat 600: 1906-1957, en Economia Industrial, 307, pp. 131-48.La evolución de la industria automovilistica española, 1946-1999: una perspectiva comparada. JL García Ruiz - 2001.Ibíd.Una época en la que el parque automovilístico español aún no llegaba a las 100.000 unidades, apenas se matriculaban 2.500 vehículos, y la producción nacional era prácticamente artesanal, una cifra ínfima comparada con las del lider en producción, EE.UU., que sólo en 1950 produjo en sus fábricas 7 millones de automóviles.

Vida persoal

Casou con Nélida Fontán Rodríguez, tataraneta de Domingo Fontán,Arquivo familiar e foi pai de Carlos e Francisco Javier Moldes Fontán e avó de Diego Moldes.

Notas

Categoría:Inventores de Galicia Categoría:Nados en Barro Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1987 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes