Abelia chinensis é o nome botánico dunha das especies máis resistentes do xénero Abelia. Trátase dun arbusto de até 2 m de altura, extenso e frondoso, orixinario da China. miniatura|Inflorescencia. miniatura|Vista da planta. Descrición Caducifolio ou semicaducifolio, de talo arroibado, os espécimes novos cubertos dunha leve pubescencia desa mesma cor. Follas ovadas, coas marxes lixeiramente dentadas, de cor verde clara brillante que se tornan moradas en outono, agudas, de base atenuada ou redondeada, de 2,4-4 × 1-3 cm. Pequenas flores durante o verán e principios do outono, de cheiro suave, distribuídas en pequenas panículas brancas, dispostas normalmente en pares sobre cada pedúnculo. Cáliz con 5 sépalos, oblanceolados,En forma de lanza inversa. lixeiramente tomentosos,Capa de pelos que cobre a súa superficie. duns 6 mm de longo, rosa pálido que permanece bastante tempo despois da caída da flor. Corola en forma de funil, duns 12 mm de lonxitude, de cor branca ou tirando a rosado. Os estames e carpelo sobresaen á corola.

Usos Na xardinaría utilízase para arriates e parterres, sebes etc. Tamén é apropiada como planta melífera.

Outros datos Foi descuberta en 1817 por Clarke Abel durante a súa estancia na China Pódese multiplicar por esgallos e porbaixa Prospera en solos fértiles e ben drenados, a pleno sol ou semisombra. Non aguanta ben as xeadas.

Taxonomía Abelia chinensis foi descrita por Robert Brown e publicado en Narrative of a Journey in the Interior of China App. B: 376. 1818. Etimoloxía Abelia: nome xenérico outorgado por Robert Brown en 1818 na honra do médico e naturalista británico Clarke Abel (1780 - 1826) que o introduciu en Europa desde China, onde se descubriu o xénero.

chinensis: epíteto xeográfico que alude a súa localización na China. Sinonimia Abelia hanceana Mart. ex Hance Abelia rupestris Lindl. Linnaea aschersoniana Graebn. Linnaea chinensis (R. Br.) A. Braun & Vatke Linnaea rupestris (Lindl.) A. Braun & Vatke

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Bailey, L.H. & E.Z. Bailey. 1976. Hortus Third i–xiv, 1–1290. MacMillan, Nova York. Flora of China Editorial Committee. 2011. Flora of China (Curcurbitaceae through Valerianaceae with Annonaceae and Berberidaceae). 19: 1–884. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.

Categoría:Caprifoliaceae