miniatura|dereita|400px|O ciclo de Krebs inverso ou redutor. As liñas descontinuas son vías encimáticas alternativas. O ciclo de Krebs inverso ou ciclo de Krebs redutor (tamén ciclo do ácido cítrico inverso ou redutor, ou ciclo do ácido tricarboxílico inverso ou redutor) é unha secuencia de reaccións metabólicas que utilizan algunhas bacterias para producir compostos carbonados a partir de dióxido de carbono e auga.

Esta vía metabólica é o ciclo de Krebs ou ciclo do ácido cítrico funcionando en sentido inverso: Mentres que ao ciclo de Krebs se incorporan moléculas carbonadas relativamente complexas, que se oxidan nel e liberan CO2 e auga, o ciclo inverso fai o contrario, toma CO2 e auga para fabricar compostos carbonados complexos. Este proceso utilízano algunhas bacterias para sintetizar compostos carbonados, ás veces usando hidróxeno, sulfuro, ou tiosulfato como doantes de electróns. Este proceso, pode considerarse como unha alternativa á fixación de carbono inorgánico no ciclo da pentosa fosfato redutor; este último ten lugar nunha ampla variedade de microorganismos e organismos superiores.

Esta vía metabólica é un posible candidato a ser unha das reaccións prebióticas que se producían nas condicións iniciais reinantes na Terra primitiva, polo que é de interese para o estudo da orixe da vida. Descubriuse que algunhas das reaccións da vía poden ser catalizadas por minerais.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ciclo de Krebs Fixación do carbono Ciclo de Calvin Orixe da vida

Categoría:Metabolismo Categoría:Ciclo do ácido cítrico Categoría:Orixe da vida